
Para determinar as propiedades que esta madeira lle outorga aos caldos, 900 litros da colleita do ano pasado das denominacións de orixe Ribeira Sacra e Valdeorras repousan dende hai varios meses en catro barricas elaboradas con carballo de terra.
Esta investigación está financiada pola Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía e conta co respaldo do Consello Regulador da denominación de orixe Valdeorras.
Aínda que o viño aínda repousa nas barricas, unha adega, Algueira, e o Consello Regulador de
Valdeorras, que reúne a maior superficie de viñedos de Galicia, mostraron o seu interese por esta investigación.
Se os resultados son positivos, nun futuro inmediato os viños Mencía poderían comezar a madurarse en barricas elaboradas con carballo galego, substituíndo aos tradicionais recipientes de carballo francés ou americano, que teñen unha composición química diferente e custan uns 1.500 euros por unidade.