lunes, 16 de noviembre de 2009

A-DI-VIÑAS DO DÍA I








Que moeda de cambio era utilizada en Valdeorras na antigüidade?

A-DI-VIÑOS DO DÍA I

Con que materiais se fabricaban os envases de viño antes da aparición do vidrio?

I: Curiosidades de Valdeorras

Sabías que estudos arqueolóxicos sinalan que foi Lucio Pompeyo Reburro quen plantou a primeira cepa en Valdeorras?

I: Curiosidades da botella

Sabías que os exipcios xa coñecían o vidrio e que as botellas para o viño eran utilizadas xa polos romanos pero únicamente a modo de garrafa ou xerra para a mesa e non para o seu transporte?

I: O universo de Valdeorras















É opinión xeralizada que a vide productora de uvas, as Vitis viniferas, foi traída a Galicia polos romanos, ou ó menos que eles fomentaron o seu cultivo.

I: O universo da botella















Na antiga Roma co término ampulla, botella, designábase unha vasixa que tivera forma e que estivese feita de calquera material pero sobre todo o nome servía para designar un recipiente con pescozo longo e estreito e o corpo inchado. Nas excavacións da cidade de Roma encontráronse botellas de modelos moi diferentes.

A estrela do día: o río Sil













Nas ribeiras do Sil, aparte do cultivo de grandes extensións de viñedo, levábase a cabo a extracción de pepitas de ouro. Na época romana construíuse un inmenso túnel excavando a montaña, no lugar de Montefurado, coñecido como “Boca do Monte”, co obxectivo de desviar o curso do río e poder extraer o ouro que este arrastraba lavando o lodo da antiga cunca. Din os expertos que só das minas de As Médulas foron excavadas casi 100 toneladas de ouro durante a súa ocupación. Boa parte destas colleitas foron trasladadas ata Roma.

Para saber máis, prema nas seguintes ligazóns:

http://www.valdeorras.com/turisticas/


http://www.concellodequiroga.com/gallego/prin_gal.html

Foto Rosa Veiga