viernes, 7 de octubre de 2011

A cociña galega de vangarda e os viños de calidade únense en Valdeorras

Foto cortesía: David A. Panizo
 A D.O. Valdeorras e o prestixioso colectivo da nova cociña galega, Grupo Nove, colaboran na promoción e difusión mutua dos caldos de Valdeorras e a cociña de autor galega.

Para iso van producir e realizar unha serie de vídeos sobre a maridaxe entre os caldos desta denominación de orixe e as receitas de vangarda da nova cociña galega, inspirada na herdanza tradicional e na calidade dos produtos de Galicia.

11 membros do grupo (Miguel Angel Campos, Javier Rodríguez "Taky", Pablo Romeu, Antonio Botana, Alberto González, Iñaqui Bretal, Javier Oleiros, Pepe Solla, Hector López, Javier González e Yayo Daporta) viaxaron até Valdeorras para testificar coa súa presenza a participación no vídeo que se gravou nunha das típicas adegas "covas" da comarca e nun dos seus máis emblemáticas paraxes de viñedos otoñales.

A colaboración entre as partes selouse cun xantar nun restaurante da comarca onde, ademais de apreciar platos típicos de Valdeorras, os cociñeiros gozaron dunha cata de godello e mencía, guiada polo director técnico da DO, Jorge Mazaira, que se encargou de exercer de mestre de cerimonia en tan extraordinario evento.

As receitas de cociña maridadas cos caldos de Valdeorras serán creación exclusiva de Grupo Nove e únicas en todo o panorama da cociña nacional. O primeiro vídeo dunha serie de nove estrearase este próximo nadal e poderedes gozalo en exclusiva no portal Web da D.O. Valdeorras.

Coñece o portal Web da D.O. Valdeorras

No hay comentarios:

Publicar un comentario