martes, 21 de septiembre de 2010

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras e a Universidade de Vigo colaboran nun proxecto de produción de viños tostados

Foto:La región
Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador, e a investigadora do Campus Ourensán, Beatríz Cancho; analizarán, durante o próximos tres anos, as características dos caldos e a súa viabilidade nos mercados.

Os exitosos pasos iniciados hai dous anos coa produción de varias botellas de Godello e Treixadura tostados, sentaron as bases para iniciar este proxecto. Os traballos comezarán a semana próxima coa recolección de 700 quilos de uva variedade garnacha. Posteriormente, pasificarase durante tres meses e procesarase para obter ao redor de 66 litros de mosto, o que fai de momento inviable utilizar outras variedades de maior valor monetario.


O técnico do Consello Regulador é optimista respecto ao futuro dos viños tostados, "os resultados de hai dous anos foron magníficos; agora, o que queda é investigar para obter unha maior produción cos quilogramos de uva empregados".

Desta forma preténdese recuperar para Valdeorras unha variedade de caldos que estivera presente na Exposición Universal de París de 1900, e que se abandonou ao longo do século.

No hay comentarios:

Publicar un comentario