miércoles, 2 de marzo de 2011

Ven a Valdeorras a gozar do "Entroido" Gastronómico

Os amantes da gastronomía terán a posibilidade de degustar a mellor oferta gastronómica do entroido en O Barco, coas XII Xornadas gastronómicas do entroido, que se celebrarán entre o 4 e o 8 de marzo.

Dentro da oferta lúdica que propón o entroido ourensán, a vila de O Barco complementa as propostas festivas cun entroido diferente. A mellor gastronomía e o bo viño únense á milenaria festa entroidesca, para ofrecerche unha iniciativa inesquecible situada nunha zona de paraxes de inmensa beleza.

A gran aceptación que recibiu o fomento do tapeo nos últimos meses, levou a Concello e á Asociación Empresarial de Valdeorras a seguir achegando esta iniciativa a todas as persoas que desexen gozar do entroido valdeorrés. Se che apetece un entroido diferente, vente a Valdeorras.



No hay comentarios:

Publicar un comentario