lunes, 28 de febrero de 2011

Reino Unido únese ao auxe do Godello valdeorrés

O director de Bibendum wine, unha das maiores distribuidoras de viño en Reino Unido, móstrase emocionado e expectante pola resposta que pode dar o viño de Valdeorras nas Illas Británicas.

Os recoñecementos dos que se fai merecido acredor o godello de Valdeorras non pasan desapercibidas para os promotores das tendencias vinícolas, e  estes extrapolan as súas excelencias a todos os recunchos do mundo. Desta forma dende Reino Unido chégannos os comentarios de Stuart  Grundy director de compras de Bibendum wine, que se mostra ilusionado polos  investimentos realizados na distribución de Viño Español. "Nunca estiven tan emocionado acerca dos viños españois e a gama española Bibendum en particular. Fixemos un enorme traballo para identificar aos produtores destacados das rexións menos coñecidas que están a facer os viños de cepa vella, a un prezo que Francia e Italia só poden soñar. O rumor ao redor destes viños na nosa degustación de comercio Bibendum EC1 en xaneiro xustifica a miña crenza de que o mercado está tan emocionado acerca dos novos viños españois como o estamos en Bibendum"

A aposta inicial polo godello de Valdeorras centrouse na adega A Coroa, coa súa godello 2009 do que se espera que pronto se converta nun must-have.



No hay comentarios:

Publicar un comentario