jueves, 10 de marzo de 2011

A D.O. Valdeorras ofrece a degustación da súa nova colleita en FEVINO

Foto:www.elcorreogallego.es

A VII Feira do Viño do Noroeste que se celebra en Ferrol do 12 ao 15 de Marzo, ofrece a posibilidade de degustar os caldos da nova colleita da D.O. Valdeorras.

Unha das máis importantes feiras vinícolas a nivel nacional, que se divide en 2 días de apertura ao público en xeral (12 e 13 de Marzo) e dous días en exclusiva para os profesionais do sector (14 e 15 de Marzo); outorgará a posibilidade de degustar a nova anada da D.O. Valdeorras na súa Caseta promocional.

A flor e nata do sector vinícola nacional dáse cita un ano máis nesta prestixiosa feira, para presentar as súas novas anadas a profesionais do sector e público en xeral. Pola súa banda a D.O. Valdeorras na súa política de facer chegar a todos os públicos a excelencia dos seus caldos; puxo a disposición da nai do viño varias entradas, para que as persoas que o desexen poidan acudir de forma gratuíta ao evento.




No hay comentarios:

Publicar un comentario