miércoles, 27 de abril de 2011

Os viños da D.O. Valdeorras dan a benvida a autoridades e importadores en Vinis Terrae

Fotografía cortesía de José Antonio Feijoó
Os viños da D.O. Valdeorras inauguran a primeira xornada do IV salón do viño e licores galegos de calidade cun caloroso brinde con autoridades e importadores.

Mentres se agarda con expectación as valoracións dos importadores acerca das  excelencias dos caldos valdeorresés, adegas e Consello Regulador dan a benvida a autoridades e distribuidores asistentes ao IV Salón do viño e licores galegos de calidade "Vinis Terrae" , que este ano conta coa presenza dunha quincena de países.

Neste clima de irmandamento e sa competencia entre as adegas das distintas denominacións de orixe galegas, aderézase o acto con diversas actividades formativas; entre as que cabe destacar o curso sobre criterios de confección de cartas de viños para restaurantes, que impartirá a presidenta da Asociación de Catadoras de Galicia "Gallaecia", Mercedes González. Neste curso  mostrarase como crear un "Libro de Adega", abordando aspectos como o tipo de cociña e localización xeográfica do restaurante e tendo en conta a súa pertenza a unha determinada zona vitivinícola.

No hay comentarios:

Publicar un comentario