viernes, 29 de abril de 2011

Os viños de Valdeorras despídense da IV edición de Vinis Terrae co acordo de importantes compromisos de importación

Fotografía: José Luis R. Carneiro - Limaia Produccións
O IV Salón do viño e licores galegos de calidade pecha as súas portas co acordo de importantes compromisos de importación para os viños das adegas D.O. Valdeorras.

O IV Salón do viño e licores galegos de calidade "Vinis Terrae", pechaba onte as súas portas cunhas cifras que superan en máis de 1000 as citas directas das adegas participantes cos importadores da quincena de países participantes no salón, á que hai que sumar os contactos suscitados cunha importante representación do mundo da hostalaría, distribución e restauración a nivel nacional. Calcúlase, segundo datos facilitados pola organización, que o salón contou con máis de 500 visitas, que se converteron nunha media de 20 visitas de negocio para as adegas e Consellos Reguladores presentes na cita.

A valoración do D.O. Valdeorras con respecto ao acto fundaméntase en dúas vertentes; en primeiro lugar,  valoránse as grandes impresións suscitadas en distribuidores e representantes de tendas especializadas a nivel nacional, que exaltaron en gran medida a excelencia da colleita 2010. E na vertente internacional, que ademais de reforzar a presenza en países nos que xa existía unha nutrida representación destes caldos, acordáronse importantes compromisos de importación con representantes de Bélxica, Polonia e Portugal.

Desta maneira continua a apertura internacional dos caldos da D.O. Valdeorras, apreciados e demandados en cada vez máis países. Para reforzar a presenza no estranxeiro destes caldos, lembrámosvos que o C.R.D.Ou. Valdeorras ten programadas polo momento dúas presentacións fóra das nosas fronteiras, máis concretamente en Dallas (EE. UU.) e Suíza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario