miércoles, 23 de marzo de 2011

Dallas, destino confirmado para os viños de Valdeorras

Tal e como comunicou onte o Presidente do Consello Regulador da D.O. Valderras, José Luís García Pando, confírmase Dallas como destino promocional dos viños da D.O. Valdeorras.

O gran prestixio que os especialistas do mundo do viño norteamericano outorgan aos caldos valdeorresés, extrapolase á poboación en xeral por medio desta campaña promocional, que pretende compartir a excelencia destes viños con todos os públicos. Desta forma, EE. UU. únese a Suíza como visita promocional fora das fronteiras españolas, nunha campaña de promoción que se achega aos 180.000 euros.

E é que o bo momento que están a vivir os caldos valdeorresés non pasa desapercibido para ninguén. A crecente demanda, xa sexa a nivel nacional como internacional, únese á choiva de recoñecementos que os caldos desta Denominación de Orixe están a recibir de todas as partes do mundo. Feitos que se materializan nun incremento que rolda o 20%, con respecto á campaña anterior, en concepto de presentación de viños para comercialización. Estes datos son un merecido premio ao arduo traballo realizado co máis metículoso mimo e agarimo por parte de viticultores, adegueiros e Consello Regulador.

Moitas felicidades polo voso merecido recoñecemento!



No hay comentarios:

Publicar un comentario