martes, 3 de mayo de 2011

Enólogos franceses premian aos viños da D.O. Valdeorras

Fonte:vinogallego.com
Dous brancos de Valdeorras galardoados en dous certames de gran prestixio en Francia.

Dous viños de Valdeorras premiados en senllos certames en Francia. " Bioca Godello 2010", de adegas María Teresa Núñez Veiga, foi premiado con medalla de prata no certame da 35 edición de Challenge International du Vin, celebrado nas cidades de Bourg e Blaye, próximas a Bordeus, que recibiu un total de 4.624 mostras de viño procedentes de 34 países do cinco continentes. Este certame, organizado pola asociación Concours Deas Vins (CDV), caracterízase polo rigor do seu proceso de cata, o cal se realiza tendo en conta os puntos de vista dos produtores, os técnicos, os distribuidores e o consumidor final, quen comparten asento no xurado.

Mentres que o certame de Vinalies París 2011, organizado pola Union de Enologues de France, destacou con outra medalla de prata ao caldo valdeorrés "Viña Somoza sobre Lias 2010", de Adegas e viñedos Viña Somoza. Este certame ten como obxectivo recoñecer o "terroir" e a particularidade dos viños fronte ao crecente proceso de internacionalización do mercado. Neste certame participaron máis de 3.000 mostras de viño procedentes de 39 países e foron xulgadas por máis de 100 catadores profesionais do mundo enteiro.

Como dato a destacar, dende a nai do viño apuntamos que ambos caldos premiados pertencen á colleita 2010, o que fala da excelencia desta nova colleita que xa foi lanzada ao mercado pola práctica totalidade de adegas Valdeorresas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario