miércoles, 4 de mayo de 2011

A Universidade Politécnica de Madrid pública nun libro diversos estudos sobre as excelencias aromáticas do viño Godello

Diversos estudos realizados pola Universidade Politécnica de Madrid en aras da procura da excelencia aromática do viño, converten ao Godello no protagonista do libro que recompila todo o traballo.

O aroma xoga un papel de suma importancia na aceptación e goce dos viños brancos. A procura por atopar a excelencia aromática destes caldos foi unha cruzada levada a cabo pola Universidade Politécnica de Madrid, que seleccionou á variedade autóctona de Valdeorras, Godello, como adaíl de diversos estudos realizados neste campo. A gran aceptación que posúen os viños elaborados con esta variedade en países como Estados Unidos, México, Alemaña e hai poucos días en Francia, xogou un papel fundamental á hora de seleccionar ao godello como selo identificativo dos viños brancos españois.

Non é baladí a importancia que nos últimos anos suscitou a variedade godello en España, converténdoa en prezado desexo de diversas zonas peninsulares que encomian as súas excelencias e valoran os seus caldos. Pero baixo ningún concepto débese obviar que parte importante de todos estes recoñecementos radica nun arduo traballo realizado por viticultores, adegueiros e Consello Regulador; que, xunto a chan e clima, enxalzan as virtudes desta variedade xurdida do corazón de Valdeorras.

Coñece máis a preto os estudos realizados pola Universidade Politécnica de Madrid

Talvez poda interesarche
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario