martes, 19 de abril de 2011

A asociación "Valnatura" crea circuítos naturais e gastronómicos para coñecer Valdeorras

Fonte artigo:vinogallego.com
Valnatura presenta plans turísticos, naturais e gastronómicos para dar a coñecer as excelencias da comarca valdeorresa.

A Asociación Valnatura creou un circuíto cultural no que a través de varias rutas pódese gozar de toda a natureza da comarca de Valdeorras, xa sexa a pé, en bicicleta ou en coche para coñecer a flora e fauna da rexión. Seguindo estas rutas creadas pola asociación o visitante poderá sorprenderse co patrimonio histórico, artístico, cultural e etnográfico.

A ruta complétase cunha visita por algunha das adegas da Denominación de Orixe Valdeorras que permitirá degustar os seus viños máis destacados, como os brancos elaborados con uva Godello ou os tintos elaborados con Mencía. Os beneficios prestados pola asociación complétanse cunha guía de servizos e cunha axenda cultural da Comarca onde o viaxeiro poderá organizar, á súa medida, unha viaxe de "suaves contrastes".

Se queres gozar dunha Semana Santa inesquecible, anímate a visitar Valdeorras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario