miércoles, 20 de abril de 2011

Adega A Coroa lanza ao mercado o primeiro Godello con etiqueta de produción controlada

Foto: Mercedes González

Na procura da excelencia do Godello de Valdeorras, a premiada adega A Coroa lanza ao mercado o primeiro godello produción controlada.

Baixo as específicas normas establecidas polo Consello Regulador da D.O. Valdeorras na súa orde do 24 de novembro de 2009, para tintas preferentes e brancas de godello. Esta premiada adega valdeorresa, na súa procura da excelencia do Godello, decidiu acollerse a esta norma que implica, unha superficie mínima de 0,5 Ha (nunha ou varias parcelas que non superen un radio de 1,5 Km). A produción máxima permitida para tintas será de 6.000 KG uva/ Ha e até 8.000 para brancas. Un Órgano de Control e Certificación do Consello Regulador encargarase de que isto se cumpra, é dicir, a figura do veedor realizará un exhaustivo control do proceso.

E é que a procura por mellorar día a día os nosos viños é a maior preocupación para vitivultores, adegueiros e Consello Regulador en Valdeorras 




No hay comentarios:

Publicar un comentario