lunes, 25 de abril de 2011

Importadores Belgas fíxanse no viño das denominacións de orixe ourensás

Fonte: Faro de Vigo
Importadores Belgas visitarán Ourense para coñecer de primeira man os viños das súas catro denominacións de orixe.

Nun país no que o crecemento do consumo de viño fai que se manteña como o oitavo consumidor a nivel mundial, non pasa desapercibida a calidade dos viños das denominacións de orixe ourensás; e, mediante un convenio coa cámara de comercio de Ourense, acordouse a visita de importadores de gran caldo nos próximos días con motivo do IV salón "Vinis Terrae".

Mediante unha cata inicial incluída nos actos do IV salón dos viños e licores galegos de calidade "Vinis Terrae", mostrarase aos visitantes as características específicas das 40 adegas adscritas ás denominacións de orixe, coa finalidade de achegar posturas entre adegueiros e distribuidores, que se materializarán de forma máis concreta con posteriores visitas ás adegas "in situ".

Non é baladí o feito de que as denominacións de orixe ourensás encaixen nos gustos dunha poboación que se caracteriza pola preferencia de viños tranquilos, xa que preto do 40% do total de consumo lévano os viños españois, entre os que os tintos que ocupan un lugar preeminente cunhas cifras que alcanzan o 60% do consumo total.





No hay comentarios:

Publicar un comentario