jueves, 14 de abril de 2011

O director técnico do C.R.D.O. Valdeorras presenta os viños desta Denominación de Orixe en Gourmet 2011

Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, presenta os viños desta denominación de orixe nunha charla-coloquio no salón Gourmet de Madrid; dentro dos actos que conforman o “Salón dos Sentidos”, iniciativa que parte das Consellerías de Medio Rural e Medio Mariño da Xunta de Galicia.

A través deste vídeo, cortesía dos compañeiros de Cocinagallega.es, páxina de importante calado informativo a nivel gastronómico, turístico e cultural de Galica; presentámosvos a intervención do responsable técnico do Consello Regulador da D.O. Valdeorras dentro da charla-coloquio “Viño da D.O. Valdeorras e Algas Galegas (Conservas Lou)”.

Está charla está incluída dentro dos actos deseñados pola Consellería de Medio Rural en colaboración coa Consellería de Medio Mariño da Xunta de Galicia, para a presentación e exaltación dos produtos de galegos no Salón Gourmets de Madrid.






No hay comentarios:

Publicar un comentario