lunes, 11 de abril de 2011

Os viños de Valdeorras preséntanse hoxe na XXV edición do Salón Gourmets de Madrid

Diseño: Jorge Jiménez Gourmet 09
Os viños de Valdeorras únense ao resto de denominacións de calidade galegas, na Caseta da Cosellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, para facer unha exaltación gastronómica dos produtos galegos no Salón de Gourmets de Madrid.


A Consellería de Medio Rural estará presente, un ano máis, no XXV Salón Internacional do Club Gourmets de Madrid e contará cun espazo de 216 metros cadrados, nos que se distribuirán un total de 17 empresas do sector da alimentación xunto cos 22 consellos reguladores. Ao mesmo tempo están preparadas unha serie de actividades de presentación e degustación dos produtos das empresas coexpositoras e das denominacións de calidade galegas; combinando os produtos da terra cos do mar, nas que colabora a Consellería do Mar.

No primeiro día de feira, o departamento que dirixe Samuel Juárez presentará ao público asistente, e baixo o título de "Un pracer para os sentidos", unha degustación de embutidos galegos con viños da D.O. Valdeorras, produtos do mar (mexilóns de Galicia, conservas e produtos da pesca), con viños das D.O. Rías Baixas e Monterrei e tenreira galega con viño da D.O. Ribeiro.

Ao longo destes días, haberá presentacións e catas de diferenciación e tipificación dos queixos galegos das D.O.P. Arzúa-Ulloa, Queixo Teto, San Simón dá Costa e Cebreiro e de distintas produccións acollidas á I.X.P. Mel de Galicia, á I.X.P. Castaña de Galicia; así como de produccións ecolóxicas dirixidas a distribuidores de produtos delicatessen e de restauración e hostalaría.


Con máis de 1.300 expositores con 40.000 produtos, a Feira de Gourmets supón un punto de encontro de negocios no que as empresas acceden ás entrevistas con compradores estranxeiros, xefes de compra de grandes almacéns e superficies, cadeas hostaleiras e distribuidores do cinco continentes. Un certame que esperta interese nos medios de comunicación, nacionais e internacionais, con máis de 1.150 xornalistas acreditados e 80.000 visitantes profesionais.

Ademais,  para que o público en xeral poida gozar deste salón ponse en marcha o proxecto "taller dos sentidos" sobre o que podedes ampliar información no seguinte vídeo.  





No hay comentarios:

Publicar un comentario