jueves, 7 de abril de 2011

A D.O. Valdeorras presentará os seus viños no XXV Salón de Gourmets de Madrid

Os próximos 11, 12, 13 e 14 de abril celébrase en Ifema feira de Madrid  o XXV Salón de Gourmets de Madrid, ao que non podían faltar os viños da D.O. Valdeorras.

O Salón Internacional de Gourmets de Madrid, é o punto de encontro dos máis importantes fabricantes de produtos de delicatessen, e tamén unha referencia de calidade da gastronomía mundial. Na feira pódese asistir a presentacións de produtos, concursos, debates e espectáculos, entre outras actividades. Desde 1999, a feira inclúe o Salón dos sentidos co obxectivo de achegar ao público non profesional os produtos expostos no Salón Internacional de Gourmets.

Neste vídeo presentámosche de forma máis pormenorizada a esencia do Salón de Gourmets de Madrid.





No hay comentarios:

Publicar un comentario