lunes, 4 de marzo de 2013

Jancis Robinson, crítica de viños do Financial Times e asesora das adegas da raíña Isabel II de Inglaterra, móstrase entusiasmada co Godello DO Valdeorras



A crónica semanal da DO Valdeorras vén marcada polo especial adicado dende o diario líder en Inglaterra, Financial Times, encumiando ao Godello DO Valdeorras. En adicción, esta excepcional noticia complementarase coa presenza do Consello Regulador DO Valdeorras na feira Xantar 2013 en Ourense.

A crítica de viños de fama e recoñecemento mundial, Jancis Robinson, elaborou un especial sobre a súa nova paixón, o Godello DO Valdeorras, no que encumia a esta variedade  no sector internacional do viño.

En adicción Robinson, Master of Wine e crítica de viños de fama mundial, situou a dous viños brancos DO Valdeorras  "As Sortes 2011 e Sorte Ou Soro 2011", da adega Rafael Palacios, na súa lista de Viños Brancos Mellor Valorados do Mundo, concedéndolles unha puntuación de 18,5 puntos respectivamente. 


 Colaboradora semanal do diario inglés Financial Times, a experta encomiou estes viños por pertencer a " vendima máis marabillosa dunha gran selección" e polo seu "fantástico corpo e equilibrio a pesar da súa mocidade", referíndose ás Sortes 2011; e polo súa "intensidade e profundidade de matices" en relación a Sorte O Soro 2011.

Este feito vén reafirmar a gran paixón de Robinson por estes viños, xa que o pasado ano outro Godello DO Valdeorras, neste caso Valdesil, engrosou a lista de 25 mellores brancos do mundo de Financial Times.

Jancis Mary Robinson (nada en Cumbria o 22 de abril de 1950) é unha crítica británica de viño que pertence á Orde do Imperio Británico, Master of Wine (MW). Xornalista e editora de diversos libros relacionados co mundo do viño. Na actualidade escribe unha columna semanal no Financial Times e mantén os contidos da súa páxina web jancisrobinson.com. Jancis é conselleira de viños para os viños da adega da raíña Isabel II do Reino Unido.







 Pola súa banda, o Consello Regulador DO Valdeorras comezará a súa xira promocional no Salón Galego de Gastronomia e Turismo, que se celebrará entre o 6 e o 10 de marzo en Expourense.

Como punto de partida dunha serie de eventos promocionais que levarán ao Consello e a varias adegas a visitar diversos países e salóns internacionais, Ourense acollerá unha varios actos nos que o público poderá gozar da calidade e prestixio internacional que atesouran os viños DO Valdeorras.

Con Caseta propia en Xantar, onde se poderán degustar os viños das diferentes adegas, o Consello Regualdor DO Valdeorras tamen tomará parte en diferentes actos conxuntos con outros produtos da terra, para mostrar a sinerxía do produto galego en toda a súa esencia.

Así, o xoves día 7 ás 13:00h e baixo o amparo da Conselleria de Medio Rural, organizarase unha cata - degustación de viños DO Valdeorras xunto a ANFACO e Pan de Cea.

Xa o sábado 9, ás 19.00, realizarase unha presentación dos viños DO Valdeorras para os 20 primeiros asistentes que reserven a súa presenza mediante solicitude á organización no teléfono 988 366 030.

Non o perdas




No hay comentarios:

Publicar un comentario