martes, 26 de marzo de 2013

A Unión Española de Catadores Enxalza aos tintos DO Valdeorras nos seus premios Bacchus



Bacchus de prata 2013 concedido pola Unión Española de Catadores para os viños Memoria de Ventura Garnacha 2011 de Adega da Pinguela e para Joaquín Rebolledo Mencía Barrica 2011 da adega homónima.

O undécimo aniversario da gran cita española co mundo do viño, Bacchus 2013, xa coñece os seus resultados. Un palmarés que demostra tanto o carácter internacional de Bacchus como o potencial dos tintos DO Valdeorras en España.



Entre os premiados, e por segundo ano consecutivo, Joaquín Rebolledo co seu Tinto Barrica 2011 volve estar na elite dos viños españois, conseguindo a Medalla de Prata.

As 40 ha de viñedo en propiedade, xunto á súa dilatada historia e co título de mellor tinto xove de España 2012, son a mellor carta presentación da adega.

 Esta tinto barrica é unha selección de Mencía, cunha crianza de 6 meses en barricas de roble francés e unha parte de americano. Destaca polos seus aromas de pementa branca e frambuesa, sendo moi fresco e goloso no seu conxunto.

Coa Mencía como variedade tinta por excelencia no norte peninsular, o prestixio de Joaquín Rebolledo en Tintos é mítico e continúa gañado prestixiosos premios de primeiro nivel internacional: no ano 2006 Joaquín Rebolledo Mencía gañou a Medalla de Ouro na modalidade de Mencías do Concurso de Viños do Noroeste. En 2007 Joaquín Rebolledo Mencía fíxose co Acio de Prata outorgado pola Xunta de Galicia. En 2010 gaña o Baco de Bronce outorgado pola Unión Española de Catadores, 96 puntos outorgados pola Asociación Galega de Catadores e Medalla de Ouro no Concurso Internacional "Premios Arribe 2010". 

O parque de barricas da adega é o suficientemente complexo para que os viños de Joaquín Rebolledo sexan moi característicos. Roble francés, americano e caucásico copan a cova da adega. Alí, cunhas condicións de humidade, temperatura e silencio concretas, os viños adquiren unha diferenciadora expresión, que se traduce nun máis que notable recoñecemento no sector vinícola internacional. 










Pola súa banda e como complemento do excepcional traballo que se realiza desde a DO Valdeorras cos tintos, a Unión Española de Catadores tamén outorgou un Bacchus de Prata a Memoria de Ventura Garnacha 2011, sumándose este galardón a outros como os 91 puntos da última Guía Peñín no Salón dos mellores viños de España .

Este premio serve ademais para recoñecer as enormes potencialidades da uva garnacha, apartada durante anos das producións de calidade e recuperada nos últimos anos tanto na DO de Valdeorras como noutros puntos de España.

O Memoria de Ventura Garnacha ten unha produción limitada (1.000 botellas). Para a súa elaboración localizáronse cepas vellas das ladeiras pizarrosas do val do Sil. Francisco Núñez, o adegueiro, explica que "o cultivo destas cepas en vaso é laborioso, xa que practicamos unha viticultura respectuosa coa contorna, pero o esforzo paga a pena xa que o resultado é un viño que representa ben a súa orixe".

Para Núñez, este garnacha foi a súa primeira aposta por explorar as posibilidades doutras variedades de tinto. O ano pasado presentaron Memoria de Ventura Castes Nobres, que inclúe sousón e brancellao. "Todos os expertos coinciden en que os viños tintos galegos están a protagonizar unha revolución no panorama nacional e estamos orgullosos de achegar algo a esa nova tendencia de viños con personalidade".







No hay comentarios:

Publicar un comentario