miércoles, 3 de abril de 2013

O Consello Regulador DO Valdeorras xa traballa na próxima feira do viño e amplía a promoción dos seus caldos a Suíza e Xapón



Os distribuidores de viños xaponeses e suízos saborearán os caldos da Denominación de Orixe Valdeorras en maio e abril, respectivamente. A presenza dunha representación das adegas nos citados países conta co beneplácito do Consello Regulador que preside José Luís García Pando. Pola súa banda, o sector tamén estará presente nunha feira nacional. Trátase de Fenavin, o acontecemento que se desenvolverá a principios de maio en Cidade Real.

Con estas próximas citas xa pechadas, o Consello Regulador está a traballar en organizar novas presentacións en axuste co orzamento da DO para esta campaña. As súas contías dependerán das feiras ás que se decida asistir e das subvencións que reciba o Consello Regulador por acudir a elas.

En adicción, desde o Consello Regulador xa se puxeron en marcha para preparar a 'XVI Feira do Viño de Valdeorras', que se desenvolverá no Concello da Rúa durante o próximo mes de agosto. Desde a directiva, o propio presidente José Luís García Pando argumentou que a organización non garda relación coa preparación dun evento feiral único para as denominacións de orixe galegas, que anunciou recentemente a Xunta de Galicia. 'Será para outro ano e hai que planificalo con calma e acorde ás necesidades de cada DO. Trátase dunha feira para toda Galicia, apoiada por todos', explica.


No relativo á feira valdeorresa, está a traballarse en decidir tanto as datas como o programa. Un aspecto que si está practicamente descartado é a posibilidade de ampliar o ámbito da feira e permitir a presenza de expositores de empresas relacionadas coa actividade vitivinícola no recinto, até agora ocupado exclusivamente polas adegas.

A próxima semana, desde a nai do viño anunciaremos todas as adegas participantes na feira de Zúric, dando cumprida conta de todas as novidades e o enfoque que se lle outorgará a este acto promocional.





No hay comentarios:

Publicar un comentario