martes, 9 de abril de 2013

Os viños DO Valdeorras representarán a Galicia en Madrid e Zúric as próximas semanas



O Salón Gourmets de Madrid - do 8 ao 11 de Abril - e a presentación en Zúric - 18 de Abril - serán as próximas citas nas que tomará parte a DO Valdeorras en representación do produto de calidade de Galicia.

Un ano máis o Salón Gourmets de Madrid contará coa presenza dos viños DO Valdeorras quen, dende a Caseta do Consello Regulador situada no Pavillón 6 Caseta 6F10, representarán o produto de calidade galego a través do viño e en maridaxe con outras delicias culinarias da terra.


Desta forma e inmersos nos diferentes actos que organiza o Salón, unha das maridaxes estrela será a que se celebrará en conxunto coa Organización de Palangreiros Guardeses, ORPAGU.  Así, o xoves día 11 a Organización de Palangreiros Guardeses participará nunha cata de conservas e naturais maridada cos viños do Consello Regulador DO Valdeorras. 

Esta cata, na que poderán degustarse distintas receitas de peixe espada ao natural e en conserva únicas no mundo, celebrarase ás 12 do medio día e porá de manifesto o mellor da gastronomía galega en combinación cuns dos viños máis de moda no panorama vinícola internacional.


O Salón de Gourmets (SG) naceu en 1987 coa vocación de ser escenario de produtos de alimentación e bebidas delicatessen co fin de promover os seus valores diferenciais: naturalidade, diversidade, calidade e prezos razoables.

Elixiuse para situar o devandito escenario á cidade de Madrid, que confirmou nos últimos anos a súa condición como centro neurálxico de España. A súa posición como capital levouna a ser modelo social, cultural e económico, baseado sempre no dinamismo, a internacionalización e o seu afán de progreso.





Presentación Zúric Oct 2011 
En adicción, o próximo día 18 de Abril os viños DO Valdeorras retornan a Suíza para a súa presentación anual en Zúric.

O acto, encarado a profesionais do sector, prensa especiazializada e grandes vinotecas helvéticas, regresan á capital Suíza para reforzar o éxito cultivado a finais de 2011 coas seguintes adegas confirmadas:

Podes acceder a cada unha delas facendo click sobre o seu nome















No hay comentarios:

Publicar un comentario