martes, 16 de abril de 2013

Os viños DO Valdeorras viaxan a Suíza mentres o mencía DO Valdeorras de Joaquín Rebolledo é condecorado como mellor tinto xove de España




O Consello Regulador DO Valdeorras e  nove adegas adscritas á DO viaxan a Zúric para a presentación dos seus viños ante o sector profesional. Mentres, a semana pasada dentro dos actos do Salón Gourmets de Madrid, condecorouse a Joaquín Rebolledo Mencía 2011 como o mellor tinto xove de España.

Joaquín Rebolledo Mencía 2011 foi condecorado como mellor tinto xove de España segundo a guía de viños Gourmets 2013, que entregou os galardóns aos mellores viños de España no marco do XXVII Salón de Gourmets, Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade, que acolle Feira de Madrid-IFEMA.



O premio, que se deu a coñecer o pasado mes de Novembro, ratifica a gran calidade de Joaquín Rebolledo Mencía 2011 que, entre numerosos galardóns internacionais, tamén foi condecorado como mellor tinto de Galicia en 2012.


Desta forma referéndase o éxito e calidade da colleita 2011 cun novo galardón que encumía a un viño que posúe as seguintes notas de cata:

Vista: Cor vermella cereixa con bordos violáceos.

Aroma: Cereixa, amora e framboesa, notas especiadas de cacao. Minerais (xiz, pizarra) e lixeiramente balsámico.

Boca: Completo, fresco e saboroso. Boa untuosidade. Luz e armónico, fácil de beber cun final afroitado longo.

Maridaxe e Servizo Joaquín Rebolledo Mencía 2011: Gratinados, comida italiana e mediterránea, estofado, caza, asados, bacallau en calquera das súas modalidades, aplicación gastronómica sen límites.

Temperatura de servizo 16-18ºC.


 O Grupo Gourmets publicou  a nova edición da Guía Gourmets, Os Mellores Viños de España 2013.Tras 241 sesións nas que os 22 profesionais máis cualificados do sector vinícola realizaron 4.820 catas a cegas, analizándonse os cambios do mundo vitivinícola.

A guía segue o sistema xa tradicional nas anteriores edicións: a cata a cegas -a máis obxectiva e independente-, o equipo humano -formado por destacados profesionais do sector-, límite de cata por sesión para salvagardar a ecuanimidade e eficacia - nunca excede de 20 referencias -.

Esta edición para 2013 conta ademais cunha completa actualización dos datos das adegas apuntadas, Consellos Reguladores, DD.OO., zonas vinícolas- inclúe os históricos de catas de viños escumosos e xenerosos, como premio ás traxectorias de viños e adegas. A sección o "Noticiario do Viño" recolle os principais feitos que se sucederon no mundo do viño até setembro de 2012. O novo Cadro de Honra dos Mellores Viños de España recolle os viños que alcancen ou superen a cualificación de 7/10.

Apostando pola internacionalización, inclúe unha análise da viticultura dos Países do Leste, realizadas polo experto Helio San Miguel. Incorpora o fallo dos premios Guía Gourmets 2013, ademais de fotos de familia e entrega dos galardóns 2012.








Pola súa banda, o Consello Regulador e as adegas DO Valdeorras xa viaxan a Suíza para a próxima presentación que terá lugar o xoves 18, no Hotel Metropol de Zúric.

A través deste acto - encarado a profesionais do sector, prensa especializada e grandes vinotecas helvéticas - as adegas DO Valdeorras regresan á capital Suíza para reforzar o éxito cultivado a finais de 2011 coas seguintes adegas confirmadas:

Podes acceder a cada unha delas facendo click sobre o seu nome











Este acto servirá como punto de partida ás presentacións internacionais dos viños DO Valdeorras no primeiro semestre de 2013, e completarase coa presentación de Xapón - "Vinalitur" - os próximos 13 e 14 de Maio.





No hay comentarios:

Publicar un comentario