miércoles, 24 de abril de 2013

O viño DO Valdeorras pecha unha venda histórica no mercado de Brasil



Fonte info e foto: La Voz de Galicia
 As cooperativas Jesús Nazareno de O Barco -amparada pola Denominación de Orixe Valdeorras- xunto a Viña Almirante de Portas -de Rías Baixas- protagonizaron unha operación histórica de venda de viño ao mercado brasileiro. Ambas as empresas axuntaron esforzos para vender, nun único pedido, 50.000 botellas de viño. 

A operación comezou a fraguarse fai agora cinco anos, despois de que as empresas participasen en Expovinis, a feira do viño máis importante de Brasil. Alí entraron en contacto co club do viño de Latinoamérica, que ten 25.000 socios e a sede en Sao Paulo. 

A operación pechouse con este club, quen levará a cabo unha importante campaña de promoción. Viña Almirante e Jesús Nazareno protagonizarán unha reportaxe na publicación do Club do viño de Latinoamérica, e os viños sairán ao mercado emparellados, estuchados de dous en dous. 

Desde as cooperativas esperan que esta operación sexa só a primeira de moitas no mercado brasileiro e confían en que o seu traballo sirva «para pór unha punta de lanza nese mercado» e para poder «aumentar as vendas de viño galego neste país».

Para alcanzar o acordo, ambos caldos tiveron que superar rigorosos controis e unha serie de catas moi duras. As duas marcas están chamadas a facer historia nun difícil mercado que poderá valorar en breve a excelencia do viño DO Valdeorras.





No hay comentarios:

Publicar un comentario