miércoles, 9 de diciembre de 2009

O CICLO DO VIÑO: A VENDIMA



Na Valdeorras rural, do mesmo xeito ca no resto de Galicia, e moitos outros lugares do mundo, o calendario occidental, rexíase polos ciclos da natureza. Deste modo, o viño, coma outros cultivos, tiña o seu propio ciclo segundo as estacións do ano. Velaquí neste vídeo, o ciclo do viño correspondente ó tempo da vendima, no outono.

As celebracións asociadas á vendima remóntanse ós tempos en que o viño era a ponte entre deuses e homes. Por iso, en Valdeorras a cultura de tradición oral está aínda moi viva e é por elo que os vendimadores de máis idade, mentres vendiman, alivian a fatiga con cantos populares de tradición oral.

A pesar dos tempos que vivimos de despoboación rural no mundo, é un pracer e unha fortuna ver que nesta comarca as novas xeracións de mozos e mozas seguen as tradicións dos seus avós acudindo a vendimar canda eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario