lunes, 30 de noviembre de 2009

A estrela do día: Castelo do Bolo


O Castelo está situado na localidade do Bolo, e a súa torre é visible dende longa distancia. Calcúlase que a súa construcción iniciouse no śeculo XII, pero sufriu importantes danos nas revoltas dos Irmandiños e reconstruíuse no século XV. Rehabilitada fai poucos anos, hoxe en día poden admirarse a Torre da Homenaxe, de 20 metros de altura, restos da muralla interior e exterior, o patio de armas e o alxibe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario