domingo, 12 de agosto de 2012

Máis de 4000 persoas acudiron á XV Feira do Viño DO Valdeorras

Adegas premiadas XII Cata da XV Feira do Viño DO Valdeorras / Foto: Adega da Pinguela
 Máis de 4000 persoas visitaron a Feira do Viño DO Valdeorras, onde destacou sobre maneira o interese e participación do empresario xaponés Masashi Kamada.

Un total de 23 adegas participaron neste evento vitivinícola, que se clausurou esta noite e ao que, a falta de confirmación oficial, acudiron máis de 4000 persoas.

A coincidencia desta celebración con outras feiras de viño na provincia non se notou na afluencia de visitantes, segundo confirmou Jorge Mazaira, técnico do Consello Regulador da Denominación de Valdeorras, que destacou 'a fidelidade da xente que cada ano acode a degustar os mellores caldos das adegas da comarca'.

O técnico resaltou a presenza, por solicitude expresa, do empresario xaponés Masashi Kamada , que quixo achegarse para coñecer de primeira man a evolución dos viños tintos e brancos da Denominación, de cara a futuros acordos para importar o caldo de Valdeorras ao país nipón.

 No marco do acto entregáronse os premios ás adegas gañadoras da 'XII Cata da XV Feira do Viño DO Valdeorras', que tivo lugar o pasado xoves e venres, onde se elixiron ao tres mellores viños tintos e brancos da comarca, dun total de 50 caldos que se presentaron.

En canto a viños brancos, o primeiro premio recaeu no viño Ruchel -de Adegas Ruchel-, o segundo foi para Quinta dá Peza, da adega homónima, e o terceiro para o viño Cepado, de adegas Cepado S.L.

O primeiro galardón dos tintos foi para Menorca de Ventos, da Pinguela S.L., o segundo para Alan de Val,  e o terceiro premio recibiuno Sampayolo, da adega Sampayolo S.L. Tamén se concedeu unha mención especial ao viño Juan Saes, da adega Roandi.

Segundo precisou Jorge Mazaira, o xurado coincidiu en valorar que a selección foi complicada xa que o nivel era moi alto 'con mínimas diferenzas'.

Mentres isto sucedia en Valdeorras, adega A Coroa repartiuse o protagonismo entre a Feira e o New York International Filme Festival, onde contribúo á estrea e promoción do Filme galego "Vilamor", dirixido polo nomeada a mellor director Ignacio Vilar (Petín de Valdeorras), cedendo de forma gratuíta os seus viños para a festa de presentación do Filme na capital Neoyorkina.

Mayka Braña, Ignacio Vilar, Rubén Riós, Sabela Arán, Xoél Yáñez coa Coroa Godello 2011
Este dato, así como as valoracións globais da XV Feira do viño DO Valdeorras e un especial das adegas premiadas na 'XII Cata da XV Feira do Viño DO Valdeorras', irémosvolos ampliando de forma pormenorizada ao longo da semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario