jueves, 9 de agosto de 2012

A adega DO Valdeorras A Pinguela presenta Viño e Web no marco da XV Feira do viño DO Valdeorras

Fonte info: Adega A Pinguela
 A adega DO Valdeorras "A Pinguela" aproveita o tirón da XV Feira do viño DO Valdeorras para presentar o seu novo viño: "Memoria de Ventura Castes Nobres" elaborado coas variedades Mencía, Souson e Brancellao, na firme convicción de presentar un produto de primerísima calidade baseado nas castes nobres da comarca. O acto, complementarase coa presentación do novo Website da Pinguela, que se fundamentará na presentación e disfusión de contidos multimedia á vez que dará acceso a nova tenda Online. 

Na súa aposta por recuperar variedades e elaborar viños que lembren os tintos  tradicionais da  DO  Valdeorras, a Adega da  Pinguela  xa ten listo o seu "Memoria de Ventura Castes Nobres", obtido da coidada convinación de mencía, brancellao e sousón.

O  resultado  é  un  viño  plurivarietal  que  para  Francisco  Núñez, responsable da adega, "será diferente cada ano, porque o viñedo nunca se comporta  igual".  Este viño  segue a liña do  resto  de tintos  da adega que obtiveron varios premios achegando calidade e singularidade.

 Memoria de Ventura Castes Nobres será presentado co resto da colleita 2011 da Adega da Pinguela mañá venres o oito e media da tarde en Circunvalación 64 (zona Xardín) A Rúa de Valdeorras, nun acto previo á participación da adega na XV Feira do Viño DO Valdeorras.


En adicción, presentarase tamén de forma oficial o novo Website da adega, onde o contido multimedia e a tenda online serán os protagonistas.
Imaxe de mostra da novo Web Site
 Con galería de vídeos, contidos indexados, mapas interactivos e zona  de descargas,  a web  é un paso  adiante por unha comunicación baseada  na forza    do  audiovisual  e na  participación    do  usuario,  que poderá enlazar todos os contidos.

Cun deseño sinxelo e moi intuitivo, a web recolle a filosofía    desta  adega  creada  no  2009  coa restauración  dunha adega tradicional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario