miércoles, 13 de octubre de 2010

Menor producción, maior calidade

Redúcense as previsións iniciais de 5,5 millóns de quilogramos de uva recollida, a pouco menos de 4,5 millóns de quilogramos.

A falta dunha semana para a conclusión total das vendimas e contando cos datos achegados pola maior parte de adegas e cooperativas, neste momento róldanse os 4 millóns de quilogramos de uva recollida no D. O. Valdeorras. Segundo os datos achegados polo director técnico da denominación, Jorge Mazaira; espérase chegar, á súa conclusión total, os 4,5 millóns de quilogramos.

A pesar desta redución, o dato positivo céntrase na calidade da uva, considerada como moi boa en toda a zona. Mailas inclemencias meteorolóxicas que afectaron de maneira importante á produción, o froito que logrou salvarse goza de gran salubridade e dun estado de maduración óptimo, co que se esperan para esta anada uns viños de excelente calidade.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario