lunes, 15 de octubre de 2012

Alan de Val presenta "Escada Lembranzas"

Coincidindo co fin da vendima 2012 Alan de Val presenta este novo viño elaborado con cepas vellas de Garnacha Tintorera Centenaria e especialmente realizado e criado segundo métodos artesanais nunha produción limitada e numerada de 500 botellas.

Esta exquisita serie de Escada leva en cada botella o recordo e a añoranza doutros tempos, expresións de historia e de pasado, da arte da memoria das que falan as nosas antigas cepas a través do viño. As sensacións están garantidas.

NOTAS DE CATA

Cor vermella púrpura escuro,moi intenso e brillante, abundante lagrimeo que tende a saírse da copa.

Ao nariz excepcionalmente aromático, notas de grosellas confitadas, arándanos maduros e sutís tostados fundidos sobre fondo glicérico, moi goloso e cun toque a violetas balsámicas que envolve perfectamente o conxunto.

Na boca entrada untuosa e cálida,  de paso lento e armonioso, despois amplo e sedoso despregando toda a súa estrutura e potencia. Explosión de aromas e sensacións que convidan a masticalo, con final longo e complexo.

Postgusto moi prolongado e de intensos e agradables recordos.



Temperatura óptima de consumo: 17-18ºC en maridaxe e 20ºC como viño de sobremesa no inverno.
Tempo de garda en botella que pode soportar positivamente: De 12 a 15 anos

Maridaxe: Carnes consistentes de vacún ou caza maior. Excelente con carne de boi e de cachena ao momento, con aves recheas ao forno e con steak tartar de solombo. Moi bo acompañante de queixos moi curados e embutidos ibéricos.

Perfecto tamén para tomar só entre horas, disfrutándoo lentamente e con total plenitude.

 Colleita 2011

Variedade: 100% Garnacha vella procedente da Finca Escada de cepas centenarias

Produción limitada e numerada: 500 botellas.



Coñece a adega Alan de Val

Segue as últimas noticias de Alan de Val

Faite fan de Alan de Val en Facebook

martes, 9 de octubre de 2012

A DO Valdeorras namora en Donosti dentro dos actos de "San Sebastián Gastronomika - Euskadi Saboréaa"

 O Consello Regulador DO Valdeorras desprazouse a Donosti ( San Sebastián) para tomar parte nos actos dun dos certames Gastronómicos con maior proxección Mundial da actualidade, "San Sebastián Gastronomika - Euskadi Saboréaa", conseguindo un gran éxito de acollida entre os asistentes.
O Consello Regulador DO Valdeorras, na súa política de compartir a excelencia dos seus caldos, desprazouse a Donosti (San Sebastián) para tomar parte en "San Sebastián Gastronomika - Euskadi Saboréaa", un dos certames gastronómicos de maior repercusión mundial, que se celebra entre os días 7 e 10 de outubro no auditorio Kursaal da capital guipuzkoana.

Nun certame no que o viño xogará un papel destacado a través da final do "Concurso Oficial Mellor Sumiller de España 2012", que se celebrará hoxe en horario de 15:15 a 19:30 horas; varios dos finalistas desprazáronse á Caseta da DO Valdeorras, para comprobar  "In situ" a calidade e prestixio que atesouran os seus caldos.

Segundo palabras de Jorge Mazaira, Director Técnico do Consello Regulador, "a acollida está a ser un éxito total e a caseta da DO Valdeorras converteuse nunha parada obrigatoria para público e Catadores, onde se está encomiando a calidade duns viños que non deixan indiferente a ninguén"

  Foto: Jorge Mazaira


 O prestixioso e espectacular Concurso Oficial para determinar o mellor catador de España, celébrase por terceira vez na súa historia en San Sebastián e, máis concretamente, na programación de San Sebastián Gastronomika-Euskadi Saboréaa Off, onde ten prevista a súa celebración nos próximos anos.

A final deste Concurso desenvolverase, o día 8 de outubro de 2012, en dúas fases: un exame escrito privado, pola mañá, e o gran show en vivo das probas prácticas pola tarde.

O vencedor será o representante de España no campionato ao Mellor Catador de Europa 2012 e no Concurso ao Mellor Catador do Mundo 2013

As probas, que se realizarán en directo no escenario, son as seguintes:
- Identificación de produto e cata comentada
- Carta errónea (detección e corrección)
-  Menú-maridaxe (nunha mesa con comensais
no escenario)
- Servizo e decantación (nunha mesa con comensais
no escenario) 


Pola súa banda e tras o gran éxito de 2011, San Sebastián volverá ser o lugar de reunión internacional dos novos fenómenos culinarios de España e o mundo.

Seguindo a estrutura de anos anteriores (Alta, Off, Popular e Market) e coa "La Grande France" como país invitado, preténdese seguir coa mesma ideoloxía de estrita profesionalidade e novos relatorios que  levaron ao éxito en edicións pasadas.
"San Sebastian Gastronomika - Euskadi Saboréaa" quere dedicar o seu congreso 2012 tanto a Francia cunha merecida homenaxe á patria de Carême, Escoffier e a Nouvelle Cuisine como a unha mirada ampla e precisa ás súas máis actuais creacións nacionais e internacionais. Tradición, evolución, revolución, creatividade, fantasía ... encherán un ano máis o Palacio Kursaal de San Sebastián nunha ocasión única para que se dea a coñecer a cociña de vangarda mundial a través de relatorios, degustacións en directo desde a butaca do Auditorio e formatos exclusivos como os talleres e faladoiros.

O Diario Vasco e Grup Gsr son os organizadores dun evento no que se conta cun Comité Tecnico formado polos grandes referentes da cociña vasca: Hilario Arbelaitz, Karlos Arguiñano, Juan Mari Arzak, Martin Berasategui, Andoni Luís Aduriz, Pedro Subijana, e a directora do congreso, Roser Torras.

En "San Sebastian Gastronomika - Euskadi Saboréaa" non só a cociña estará presente, e é que as demais disciplinas do sector gastronómico tamén terán cabida no congreso. Off Gastronomika reunirá aos mellores profesionais da sala, o viño e a restauración, a través de relatorios, catas e atractivas actividades como o Concurso Mellor Catador de España 2012, o III Concurso Nacional de Grella, III Concurso Internacional de Gin Tonic Jordi Estadella by Fever Tree ou Gastronomika adolescente.

As mellores marcas e empresas do sector estarán no Market do congreso, un espazo único para favorecer o intercambio comercial e coñecer novos produtos especialmente destinados aos profesionais do sector.

En definitiva, do 7 ao 10 de outubro de 2012 San Sebastián converterase de novo na capital da cociña mundial, onde os viños DO Valdeorras desempeñarán un importante papel como grandes embaixadores da calidade vinícola internacional.

jueves, 4 de octubre de 2012

Gran Mesquita de Ouro para Godello A Coroa 2011, Mesquita de Prata para Pingadelo e Rúa Branco e Mesquita de Bronce para Rúa Tinto e Marquesiño 2010

Fonte info: Marta Sertaje - Adega A Coroa
Os viños DO Valdeorras triunfan nos Premios Mesquita 2012 conseguindo un amplo palamarés de recoñecementos en todas as categorías do certame.

O Gran Premio do certame foi para adega A Coroa que tras cultivar importantes premios internacionais, volveuse a converter en referencia para o sector especializado español conseguindo a máxima condecoración no concurso nacional  de viños "Premios Mesquita", sendo galardoado coa Gran Mesquita de Ouro.

Este premio consolida a A Coroa Godello 2011 como un dos  5 mellores viños de España participantes no certame, ratificando o gran traballo que se realiza dende a adega coa variedade godello e amplíando un admirable palmarés internacional no que destacan os seguintes galardóns para a colleita 2011:

Podes ampliar a información sobre estes premios facendo click sobre o seu nome

91 puntos en International Wine Cellars de Stephen Tanzer

Medalla de Ouro na Selección Mundial  Viños de Canadá

Medalla de Prata no Concurso Internacional de Viños de Lyon


 Coñece a repercusión internacional de A Coroa

Pola súa banda, o gran momento que están a vivir os viños de calidade DO Valdeorras non pasou desapercibido para os especialistas de Premios Mesquita, que incluíron a máis variedades da DO entre as destacadas da edición 2012 destes galardóns.

Así, a Cooperativa "Virxe das viñas" conseguiu senllas medallas de prata para Pingadelo Mencía e A Rúa Branco, ampliando a súa presenza no palmarés con outras dúas Mesquitas de Bronze para Rúa Tinto e Marquesiño Godello 2010.

Desta forma ratifícase tamén o bo momento da cooperativa ruésa, que tras conseguir un importante recoñecemento internacional o pasado ano da man de Robert Parker, segue reafirmando a calidade dos seus caldos dentro do sector especializado nacional.



Coñece a Adega Cooperativa Virxe das Viñas

Coñece os viños de Virxe das Viñas

Accede ás últimas noticias de Virxe das Viñas


O Concurso Nacional de Viños Premios Mesquita iniciou a súa andaina fai agora dezasete anos. A súa finalidade era potenciar, dobremente, o sector vitivinícola apoiando dunha parte ás adegas e consellos reguladores que participaban no certame Expocórdoba e, doutra, a todas as adegas españolas que quixesen participar naqueles primeiros Premios Mesquita.

 Co paso dos anos, a traxectoria profesional deste concurso, a alta cualificación dos seus catadores e a tesonera labor dos seus organizadores, situouna nun destacado lugar entre os eventos deste tipo que se celebran en España. Tras a súa decimoséptima edición, o Concurso Nacional de Viños Premios Mesquita, consolidou o seu prestixio dentro do mundo do viño e os Premios Mesquita son xa un prezado galardón para as adegas do país.

Por estes motivos, foi oficialmente recoñecida polo Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente ( BOE nº 314 de data 30 de decembro de 2011 ) e pola Consellería de Agricultura e Pesca da Xunta de Andalucía. 

lunes, 1 de octubre de 2012

Viños DO Valdeorras protagonistas no I Taller Gastronómico de produtos Excelencia de Galicia e Norte de Portugal

Fonte info: La Región
 34 profesionais da restauración acudiron ao taller Gastronómico celebrado onte en O Barco,no que levou a cabo unha maridaxe de diversos produtos Excelencia de Ourense e Portugal con viños da Denominación de Orixe Valdeorras.



O chef Javier 'Taky' Rodríguez, membro do Grupo Nove de vangarda culinaria de Galicia e cociñeiro en Catering Boquete da Coruña, foi o encargado de dirixir o taller, no que elaborou sete pratos, combinando os distintos produtos de excelencia incluídos no catálogo do Centro de Produtos Tradicionais, que xunto co Concello de O Barco organizaba a actividade.

Entre os produtos contemplados incluíronse os embutidos de Valdeorras; marmeladas e patés de Verín; aceite de Quiroga; embutidos de Viana; pan da denominación de orixe O Barco ou produtos do norte de Portugal, tamén a nivel de embutidos e doces.

Na experiencia tomaron parte 34 persoas, maioritariamente pertencentes ao sector da hostalaría e restauración, que aprenderon a elaborar cada un dos pratos paso a paso, maridando despois cada un deles co viño máis adecuado e dando paso finalmente a unha degustación dos menús.

Por outra banda, Iago López, técnico na cata de aceites e viños, asesorou sobre as claves para sacar o máximo partido a estes dous produtos e valorar as súas diversas calidades de cor, sabor e aroma, facéndoas corresponder de forma adecuada co resto de produtos.

As adegas DO Valdeorras participantes no acto e incluídas dentro do selo Excelencia de produtos de Galicia e norte de Portugal son as seguintes:

 Podes ampliar información sobre cada unha delas facendo click sobre o seu nome


viernes, 21 de septiembre de 2012

Adega Sta. Marta presenta a súa vendima na Televisión de Galicia

 A gran calidade da uva que caracteriza a vendima 2012 en Valdeorras non está a pasar inadvertida para ninguén, por iso, xa son diversos os medios de comunicación que desprazaron os seus equipos a Valdeorras  co firme propósito de comprobar "In situ" as boas previsións de calidade de uva que acompañan nos viñedos.

Desta forma, a Televisión pública de Galicia (RTVG) desprazouse até os viñedos de adega Santa Marta, que comezaba o seu traballo de recolección de godello co inicio da semana, para comprobar sobre o terreo que as mellores expectativas están a cumprirse.

Aquí vos deixamos o vídeo:

Por motivos alleos a este blog,a reprodución do vídeo pode producir problemas de son en certos navegadores, para emendalos recomendamos mover a barra de reprodución que se acha dentro da pestana do vídeo (parte inferior esquerda, á beira de botón de "Play")

                                     
   
 


Accede ao vídeo no Portal Web da RTVG

Adega Santa Marta, que tras recibir importantes recoñecementos internacionais para os seus viños se atopa inmersa nun importante plan de expansión comercial internacional baixo o nome de "Singular Galician Cellars", é unha adega familiar que desde 1998 produce, elabora e embotella os seus propios viños cunha constante: a calidade dos seus produtos ha de estar vixiada desde a vide até a botella.

Situado a 600 metros de altitude, nun clima de invernos fríos e veráns cálidos, o viñedo de Santa Marta atópase enmarcado dentro dun plan de produción integrada onde o respecto á planta e aos seus froitos é a base para a elaboración duns bos caldos.

Na seguinte etapa, cando a materia prima pasa á adega, todo o proceso de elaboración realízase coa máxima precisión posto que Santa Marta conta coa innovación tecnolóxica necesaria para iso.

Trátase, en definitiva, de buscar a precisión en cada proceso, e así obter a máxima calidade para
 os seus viños. Como ratifican a multitude de premios obtidos.

En canto á súa filosofía, pódese afirmar que tradición e innovación son  a fórmula de Santa Marta.

Desde 1998 esta adega lanzouse ao mercado cun obxectivo: lograr o máximo rendemento, a máxima calidade a través de cepas case centenarias.

E é que en Adegas Santa Marta trabállase coas variedades autóctonas, a Mencía e O Godello, nacidas de cepas con máis de medio século de antigüidade.

Con boa materia prima, os coñecementos herdados dos seus maiores e os adquiridos a través dos anos, sumado ás novas formas de viticultura, Santa Marta sacou ao mercado caldos que son garantía de calidade e que contan co referendo da crítica, que xa dende os seus comezos, apoiou aos seus viños "Viñaredo".



Coñece adega Santa Marta

Únete ao grupo de Viñaredo en Facebook

Amplía información sobre "Singular Galician Cellars"

Coñece os premios máis destacados dos viños de Santa Marta

Coñece todas as adegas que conforman a DO Valdeorras

jueves, 20 de septiembre de 2012

91 puntos para "A Coroa Godello 2011" en International Wine Cellar de Stephen Tanzer

Novo recoñecemento do sector vínicola internacional para os viños DO Valdeorras que, de novo da man de adega A Coroa, logran 91 puntos na publicación de tendencia vinícola "International Wine Cellar", unha das publicacións referencia do sector mundial do viño xunto a "The Wine Advocate". 

O prestixioso crítico vinícola norteamericano Stephen Tanzer, volveu polos seus foros ao encumiar ao Godello DO Valdeorras "A Coroa", outorgándolle 91 puntos na súa publicación bimensual "International Wine Cellar".

O que é considerado por un amplo sector de especialistas do mundo do viño como o gran competidor de Robert Parker, aposta un ano máis polos Godellos DO Valdeorras como referente de brancos españois no mercado vinícola internacional.

Adega A Coroa, que vén de facerse un importantísimo oco no mercado sueco da man dun tender de monopolio a través da cadea System Bolaget, segue abalando a calidade da súa Godello 2011 incluíndo un novo recoñecemento ao seu palmarés que se completa en 2012 con: Medalla de Ouro na Selección Mundial  Viños de Canadá, Medalla de Ouro no Concurso Internacional de Viños de Lyon, Medalla de Prata no Concurso de Mellores viños Españois para USA, Bacchus de Prata en España e Acio de Prata en Galicia.

Ademais, A Coroa foi protagonista este ano en The New York Times onde, da man do crítico norteamericano Eric Asimov, destacou sobre unha selección de 20 viños de variedade Godello comercializados en USA como o máis significativo de todo eles, sendo destacado como un viño "Profundo, saboroso e peculiar, cunha textura suculenta e sabores de froitas tropicais"; ampliando esta valoración coa seguinte " é un viño que non só representaba o potencial, senón que é a potencia feita viño".

Stephen Tanzer
Stephen Tanzer é un dos críticos máis recoñecidos en Estados  Unidos. É director e editor da publicación bimensual "International Wine Cellars", que se edita desde 1985. Esta publicación emprega un sistema de cualificación do viño baseada nunha escala de calidade que se establece entre os 70 e 100 puntos, sendo a gran competidora de "The Wine Advocate" de Robert Parker, aínda que, o trazo diferencial de ambas as publicacións céntrase nunha liña menos extravagante por parte de Tanzer.

Tanzer cata máis de 10.000 viños de forma anual tanto en Estados Unidos como no exterior e é un profesional  que adica moitos meses do ano a percorrer viñedos, zonas vitivinícolas, catar viños e coñecer aos seus elaboradores.

Por iso e con esta valoración, séguese ratificando o gran prestixio internacional do que se fixeron acredores os Godellos DO Valdeorras, confirmando a máxima de calidade que cualifica a estes viños como "uns dos viños máis de moda no sector internacional".


 

martes, 18 de septiembre de 2012

Os viños DO Valdeorras serán protagonistas en "Show cooking: Maridaxe e degustación de Produtos de Excelencia"

  O Centro de Promoción de Produtos Tradicionais (CPT), no marco do Proxecto Eixo Interior, presenta: "Show cooking: Maridaxe e degustación de produtos de excelencia", o domingo 30 de setembro no CEIP Ramón Otero Pedrayo (escola de Viloira - O Barco de Valdeorras), en horario de 17.00 a 19.30 horas.

O taller consistirá na elaboración de diferentes pratos a partir dos produtos de Excelencia de Galicia e Norte de Portugal, os cales serán degustados polos participantes, xunto coa cata dos viños de Excelencia, onde a DO Valdeorras xogará un papel destacado representada polas seguintes adegas:

  Podes ampliar información sobre cada unha delas facendo click sobre o seu nome


O taller desenvolverase en dúas partes diferenciadas:

1.  Show Cooking a cargo do chef Javier "Taky" Rodríguez, membro do grupo de vangarda culinaria de Galicia, "Grupo Nove":


-  Nesta demostración en vivo, o prestixioso chef elaborará 7 pratos empregando
moitos dos produtos adscritos a márcaa Excelencia.

-  Ademais, explicará paso a paso como elabora cada un dos pratos para que os
asistentes poidan aprender novas formas de cociñar os produtos.

2. Maridaxe dos pratos elaborados cos viños:


-  Os  asistentes  poderán  degustar  cada  un  dos  pratos  elaborados  co  viño seleccionado  polo  enólogo  escoitando  ao mesmo tempo as explicacións pertinentes referidas á maridaxe e ao viño seleccionado para cada prato.

A metodoloxía e cronoloxía do taller é a seguinte:

1.  Presentación dos produtos que formarán parte do prato.

2.  Cociña en vivo do prato.

3.  Presentación do viño elixido para maridar co prato.

4.  Degustación de ambos os produtos por cada un dos asistentes.

5.  Preguntas aos expertos.

Existe número limitado de 40 prazas. Esta actividade está dirixida a todas aquelas persoas interesadas e, especialmente, os profesionais da restauración e hostalaría, sendo para os asistentes de custo totalmente gratuíto.

A través deste vídeo mostrámosvos as habilidades culinarias de Javier "Taky" Rodríguez  e os seus coñecementos vinícolas.


lunes, 17 de septiembre de 2012

A vendima do Godello DO Valdeorras atópase no seu punto álxido e pronto se espera o inicio da recollida das variedades tintas

Foto: Alan de Val
  Mentres o groso das adegas DO Valdeorras áchanse inmersas na vendima do Godello, as primeiras previsións sobre as variedades tintas auguran que as tarefas de recolección non se demorarán en demasía con respecto á finalización da recollida da variedade branca.

Nunha vendima marcada pola gran calidade dunha uva que superou as mellores expectativas dun ano climatolóxicamente duro, as adegas DO Valdeorras anímanse a compartir as súas previsións sobre o próximo inicio da recolección das variedades tintas, nas que a mencía, garnacha e tempranillo protagonizarán a segunda parte da vendima DO Valdeorras.

Desta forma Manuel Sánchez, un dos máximos responsables da adega Alan de Val, compartía algúns dos datos previos ao comezo da vendima do godello que comezou para a adega o pasado xoves 13 na súa finca de Pedrazais.

Con respecto á cantidade, Manuel afirma que "a redución con respecto ao ano pasado é considerable, pero non vai ser unha mala colleita". Á súa vez, súmase ao carro da calidade afirmando que "se non se torce moito a cousa, a calidade este ano será moi boa".

 Con respecto á vendima das variedades tintas puntualiza que "atópanse algo máis atrasadas con respecto ao ano pasado e, como é natural, ao godello pero, ao final, a diferenza non vai ser moita". Como ratificación a este feito, Manuel afirma que o tempranillo "xa case está nos 13 º ".

Foto: Alan de Val
 Adega Alan é unha adega de ámbito familiar, artesanal, que se funda no ano 1993, a partir da experiencia herdada de pais e avós, dedicados desde sempre ao viñedo, ao viveiro, á elaboración e venda de viños.

No ano 2006 constrúese a nova adega, situada na comarca de Valdeorras e rodeada pola "Finca Pedrazais". Nesta nova etapa incorpóranse novas técnicas e coñecementos co fin de obter os mellores caldos.

Na actual eclosión dos godellos de Valdeorras, Alan de Val atópase no punto de creación de viños complexos e de altísima calidade.

En Adega Alan dáse unha enorme importancia á viticultura. En 2006 comezouse a elaborar viños de finca, buscando a peculiaridade e a singularidade de cada viñedo.

Nas diferentes fincas da adega ( Pedrazais, A Costiña ...) ademais do varietal, téntase reflectir toda a esencia do terruño (terroir) que caracteriza á rica terra de Valdeorras.



jueves, 13 de septiembre de 2012

A Asociación de Sumilleres de Galicia "Gallaecia" entregará hoxe as súas "Distincións 2012" aos viños DO Valdeorras

Foto: Gallaecia

Tal e como se notificaba onte a través de Socialmedia, a Asociación Galega de Catadoras de Galicia "Gallaecia" entregará hoxe,  xoves 13 de Setembro ás 18:00 horas, os diplomas correspondentes ás Distincións Gallaecia 2012 para os viños DO Valdeorras galardoados. O acto de entrega de diplomas celebrarase na sede do Consello Regulador, en Vilamartín de Valdeorras.

Así reza o comunicado:

"A Asociación de Sumilleres de Galicia "Gallaecia" comeza a entrega dos diplomas correspondentes ás Distincións Gallaecia 2012. Adiantouse a entrega na medida do posible porque se aceleran os traballos de vendima, época en que os adegueiros están excedidos de traballo e desta maneira aproveitamos para darlles unha inxección de ánimo.

Estarán presentes por parte de Gallaecia a súa presidenta, Mercedes González e o seu vicepresidente, Luís Padín".

Pola súa banda, os viños DO Valdeorras galardoados neste certame son os seguintes:

Podes acceder á información do viño e a adega facendo click sobre o seu nome

BRANCOS

Marca                                          Adega         

A Coroa 2011                                    A Coroa
                                                                                 
Joaquín Rebolledo 2011                     Joaquín Rebolledo

      Viña Abad 2011                         Coop. Jesús Nazareno

       Viña De Fornos 2011                Germán Rodríguez Salgado

TINTOS

Marca                                            Adega

Bancales 2009                                  Roandi

Joaquín Rebolledo2011                  Joaquín Rebolledo

Lagar Do Cigur 2008                         Melillas E Fillos
                                                                                                                                                     
        Ventura Garnacha 2010                    Adega da Pinguela                                     

Vía Nova 2011                                Virxen De Galir







martes, 11 de septiembre de 2012

Novos datos sobre a vendima DO Valdeorras que ratifican a gran calidade da uva

Foto: Adega Godeval

Co avance da semana, as adegas DO Valdeorras vanse sumando á recolección do froito achegándonos as súas valoracións sobre a nova colleita que, a pesar da redución da cantidade de uva, todas coinciden en destacar a gran calidade do froito que caracterizará a colleita 2012 da DO Valdeorras.

Desta forma, entre outras moitas adegas DO Valdeorras, onte daba comezo a vendima para  Godeval, adega pioneira na recuperación da variedade godello en Valdeorras  da man do seu presidente Horacio Fernández Presa no ano 1982.

As súas valoracións sobre a vendima 2012 fálannos dos máis de dez días de atraso con respecto ao ano pasado debido ás condicións climáticas que tamén propiciaron unha baixada na cantidade de uva que se recollerá nesta campaña. A pesar diso, desde a adega reafírmanse na óptima calidade da uva que este ano terá o marcado toque característico dos grandes viños DO Valdeorras.

 Horacio Fernández calcula que este ano Godeval recollerá ao redor dun 30 por cento menos de produción, aínda que asegura que a calidade será "óptima". Fernández Presa explica tamén que a variedade branca godello terá este ano un incremento na acidez: "se normalmente estamos en 6,5-7 este ano estará en 7 e non baixará". O fundador da adega impulsora da recuperación da godello en Valdeorras, enfoca isto como unha vantaxe "xa que os viños desta comarca caracterízanse pola acidez e é o que nos fai diferentes".

Horacio Fernández Presa - Godeval

A vendima de Godeval,  que empezou onte pola mañá nas leiras da Granxa e a Graciosa, en Vilamartín, continuará durante o próximos dez días aproximadamente, e está marcada por todo un ano de condicións meteorolóxicas peculiares.

 Como explica Horacio Fernández,"a vendima deste ano está marcada desde outubro do ano pasado xa que o valor hídrico dos chans é moi pequeno pola falta de choivas naqueles meses e as plantas non tiveron tanta forza para poder prepararse para un novo proceso de floración e maduración".

A recollida de uva de godello nos viñedos propiedade da adega realízase en caixas de 18 quilos coa norma de "non levar á adega aquelas uvas que non comerías".

 Unha vez nas instalacións da adega, o proceso continúa coa selección, prensado e a fermentación do mosto. Todo un ritual que marca a anada 2012, aínda que a base, sempre está na cepa e no terreo no que se cultiva, aplicando a máxima da adega de que "o viño faise na viña".