Mostrando entradas con la etiqueta previsións vendima 2012. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta previsións vendima 2012. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de septiembre de 2012

A vendima do Godello DO Valdeorras atópase no seu punto álxido e pronto se espera o inicio da recollida das variedades tintas

Foto: Alan de Val
  Mentres o groso das adegas DO Valdeorras áchanse inmersas na vendima do Godello, as primeiras previsións sobre as variedades tintas auguran que as tarefas de recolección non se demorarán en demasía con respecto á finalización da recollida da variedade branca.

Nunha vendima marcada pola gran calidade dunha uva que superou as mellores expectativas dun ano climatolóxicamente duro, as adegas DO Valdeorras anímanse a compartir as súas previsións sobre o próximo inicio da recolección das variedades tintas, nas que a mencía, garnacha e tempranillo protagonizarán a segunda parte da vendima DO Valdeorras.

Desta forma Manuel Sánchez, un dos máximos responsables da adega Alan de Val, compartía algúns dos datos previos ao comezo da vendima do godello que comezou para a adega o pasado xoves 13 na súa finca de Pedrazais.

Con respecto á cantidade, Manuel afirma que "a redución con respecto ao ano pasado é considerable, pero non vai ser unha mala colleita". Á súa vez, súmase ao carro da calidade afirmando que "se non se torce moito a cousa, a calidade este ano será moi boa".

 Con respecto á vendima das variedades tintas puntualiza que "atópanse algo máis atrasadas con respecto ao ano pasado e, como é natural, ao godello pero, ao final, a diferenza non vai ser moita". Como ratificación a este feito, Manuel afirma que o tempranillo "xa case está nos 13 º ".

Foto: Alan de Val
 Adega Alan é unha adega de ámbito familiar, artesanal, que se funda no ano 1993, a partir da experiencia herdada de pais e avós, dedicados desde sempre ao viñedo, ao viveiro, á elaboración e venda de viños.

No ano 2006 constrúese a nova adega, situada na comarca de Valdeorras e rodeada pola "Finca Pedrazais". Nesta nova etapa incorpóranse novas técnicas e coñecementos co fin de obter os mellores caldos.

Na actual eclosión dos godellos de Valdeorras, Alan de Val atópase no punto de creación de viños complexos e de altísima calidade.

En Adega Alan dáse unha enorme importancia á viticultura. En 2006 comezouse a elaborar viños de finca, buscando a peculiaridade e a singularidade de cada viñedo.

Nas diferentes fincas da adega ( Pedrazais, A Costiña ...) ademais do varietal, téntase reflectir toda a esencia do terruño (terroir) que caracteriza á rica terra de Valdeorras.



lunes, 10 de septiembre de 2012

Valdeorras deu comezo á vendima cunha calidade de uva Excelente

Foto: Lolita Vázquez (La Voz de Galicia) - Fonte artigo: La Región 

A adega María Teresa Núñez Veiga deu o pistoletazo de saída aos traballos de recolección da uva en Galicia, o pasado xoves ás 8,00 horas.

Os viñedos están no Concello de Petín e neles comezou a campaña da Comunidade autónoma. Á fronte dos traballos, que continuarán durante a xornada de hoxe, está Celestino Naveira, dono da adega. Anunciou que a uva é dunha calidade 'excelente' aínda que a colleita que calcula é inferior á de 2011.

'Hai menos uvas que o ano pasado, un 20 % menos, pero máis das que pensabamos. Iso si, toda a uva é Excelente', comentou. As condicións meteorolóxicas, aínda que atrasaron en varios días o comezo da vendima, favoreceron o desenvolvemento dunhas plantas que levan días gozando dunha temperatura cálida ideal para recoller a froita.

A adega María Teresa Núñez traballa con mencía, alicante e godello. Segundo Celestino Naveira, esta última variedade 'madura máis pronto', alcanzando este ano os 13,5 graos. Tamén indicou que a súa produción supera lixeiramente as 30.000 botellas, sendo de godello dúas de cada tres.

 Vídeo: La Región

As estimacións da embotelladora de Petín coinciden totalmente coas que manexa o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. O seu director técnico, Jorge Mazaira, tamén calculou un 20 % de descenso na produción respecto da vendima de 2011, cando os produtores valdeorreses recolleron aproximadamente 6,4 millóns de quilos.

O técnico do organismo vitivinícola tamén indicou que a 'calidade é moi boa; choveu cando fixo falta choiva e fixo calor na época adecuada. Estes días, as temperaturas de 30 graos son ideais para a vendima, pois se fosen máis altas poderían estragar a uva'.

A pesar de pertencer á primeira denominación de orixe galega que inicia a vendima, as adegas de Valdeorras comezan estes labores cunha semana de atraso sobre a campaña anterior, cando a finais de agosto xa había traballadores nas viñas.

Á embotelladora de Petín se lle foron sumando durante a fin de semana parte do groso de adegas que conforman a DO Valdeorras, aínda que a maior actividade estímase en datas entorno ao 23 de setembro.






lunes, 3 de septiembre de 2012

Aproxímase a vendima na DO Valdeorras cunha calidade de uva "Excelente"

 Tras un ano 2011 histórico en canto a produción e calidade, a colleita volve á normalidade cunha redución do 15% na produción pero cunha calidade de froito excelente.

A denominación de orixe Valdeorras será a primeira en iniciar a vendima en 2012 estando previsto que a campaña arrinque de forma xeneralizada o próximo fin de semana. 

Segundo explica o técnico deste consello regulador, Santiago Pérez: "é habitual que Valdeorras recolla antes a uva xa que, aínda que a brotadura prodúcese primeiro na costa, polas temperaturas e o tipo de vide, a maduración vese favorecida nesta zona debido ao clima continental, cunha maior cantidade de horas de sol no verán e picos de calor máis altos".

Algo despois, co arranque da segunda quincena, empezará o traballo nas denominacións de orixe Rías Baixas e Ribeira Sacra, mentres que entre o 15 e o 20 farao en Monterrei e en Ribeiro aprazarase até o día 25, aproximadamente.

Aínda que as datas de recolección postérganse con respecto ao ano pasado, Santiago Pérez afirma que "este ano entra dentro da normalidade" se a comparación realízase coa media da última década. O atraso con respecto ao ano pasado débese ás temperaturas de primavera, cando empeza o ciclo activo da planta, foron "inferiores ao habitual" principalmente polas noites. 

Neste sentido, a planta retardou os seus procesos biolóxicos, feito  que se considera positivo para a calidade da uva, pois unha maduración lenta e pausada é mellora á rápida.



Outro factor crave é que non se adianten e instalen as choivas otoñales, de forma que o tempo permita vendimiar sen problema.

 A previsión para estes días é a chegada dun anticiclón con ventos do leste, o que implica que serán cálidos e sen humidade. Feito que moi beneficioso en todos os aspectos, xa que é nestas datas cando se empeza a marcar a calidade en función da concentración de azucres, a diminución da acidez e outros factores.

 Respecto diso, o técnico de Valdeorras Santiago Pérez destaca que "o grao alcohólico xa está a se alcanzar nesta denominación de orixe".



En canto á cantidade, desde Valdeorras e segundo datos que facilita Europa press, espérase un retroceso do 15% da produción. Feito que se materializaría nunha cantidade que roldaría os 6,5 millóns de Quilogramos de uva colleitada.

A maior caída dentro das DO galegas, é a prevista polo consello regulador da denominación Rías Baixas, que estima que a redución será de "practicamente o 50 por cento" con respecto á anterior.

A continuación, Ribeiro calcula que a produción será "pequena" en relación co ano pasado, cunha diminución do 37%.
 Os números na Ribeira Sacra son similares, ao advertir que se producirá unha diminución do 30%.

Pola súa banda Monterrei prevé retrocesos que roldarían o 10%, respectivamente, o que levaría a cultivar uns 2 millóns de quilogramos.



Accede á fonte da noticia

Ven a coñecer a vendima DO Valdeorras a través dunha interesante proposta enoturística

Coñece cursos formativos na DO Valdeorras