lunes, 10 de septiembre de 2012

Valdeorras deu comezo á vendima cunha calidade de uva Excelente

Foto: Lolita Vázquez (La Voz de Galicia) - Fonte artigo: La Región 

A adega María Teresa Núñez Veiga deu o pistoletazo de saída aos traballos de recolección da uva en Galicia, o pasado xoves ás 8,00 horas.

Os viñedos están no Concello de Petín e neles comezou a campaña da Comunidade autónoma. Á fronte dos traballos, que continuarán durante a xornada de hoxe, está Celestino Naveira, dono da adega. Anunciou que a uva é dunha calidade 'excelente' aínda que a colleita que calcula é inferior á de 2011.

'Hai menos uvas que o ano pasado, un 20 % menos, pero máis das que pensabamos. Iso si, toda a uva é Excelente', comentou. As condicións meteorolóxicas, aínda que atrasaron en varios días o comezo da vendima, favoreceron o desenvolvemento dunhas plantas que levan días gozando dunha temperatura cálida ideal para recoller a froita.

A adega María Teresa Núñez traballa con mencía, alicante e godello. Segundo Celestino Naveira, esta última variedade 'madura máis pronto', alcanzando este ano os 13,5 graos. Tamén indicou que a súa produción supera lixeiramente as 30.000 botellas, sendo de godello dúas de cada tres.

 Vídeo: La Región

As estimacións da embotelladora de Petín coinciden totalmente coas que manexa o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. O seu director técnico, Jorge Mazaira, tamén calculou un 20 % de descenso na produción respecto da vendima de 2011, cando os produtores valdeorreses recolleron aproximadamente 6,4 millóns de quilos.

O técnico do organismo vitivinícola tamén indicou que a 'calidade é moi boa; choveu cando fixo falta choiva e fixo calor na época adecuada. Estes días, as temperaturas de 30 graos son ideais para a vendima, pois se fosen máis altas poderían estragar a uva'.

A pesar de pertencer á primeira denominación de orixe galega que inicia a vendima, as adegas de Valdeorras comezan estes labores cunha semana de atraso sobre a campaña anterior, cando a finais de agosto xa había traballadores nas viñas.

Á embotelladora de Petín se lle foron sumando durante a fin de semana parte do groso de adegas que conforman a DO Valdeorras, aínda que a maior actividade estímase en datas entorno ao 23 de setembro.






No hay comentarios:

Publicar un comentario