Como cada ano, a Asociación de Catadoras de Galicia "Gallaecia" ha condecorado aos mellores viños das distintas DO galegas, concurso de Viños Oficialmente Recoñecido polo ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Goberno de España e da Xunta de Galicia.
Dos máis de 400 elaborados das 6 DO galegas que comezaron a proba, foron 136 os que competiron na cata final, sendo de todos estes só 76 os que conseguiron a aprobación do panel de catadores, logrando unha puntuación superior a 80 puntos, nota mínima para conseguir a condecoración.
Dita cata final celébrase cada ano nunha das provincias galegas e desde fai tres anos empezaron a apoiar o turismo rural.
Esta edición tivo lugar na provincia da Coruña na casa de Turismo Rural "Entre os Rios" en Santa Cruz- A Pobra do Caramiñal, zona produtora de viños e acollida a V.T Barbanza e Iria.
Lembrar que Gallaecia realiza unha dobre cata, sempre cata cega con botella tapada. Unha primeira rolda de catas ten lugar nos CCRR das DO : Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras, Monterrei , Rías Baixas e o D.X Augardentes de Galicia.
A cata final para as "Distincións Gallaecia" tivo lugar os días 3 e 4 de setembro en casa de Turismo Rural "Entre os Rios" con mostras recollidas directamente do mercado e entre as que foron galardoados por parte da DO Valdeorras os seguintes caldos:
Podes acceder á información do viño e a adega facendo click sobre o seu nome
BRANCOS
Marca Adega
TINTOS
Marca Adega
No hay comentarios:
Publicar un comentario