lunes, 1 de octubre de 2012

Viños DO Valdeorras protagonistas no I Taller Gastronómico de produtos Excelencia de Galicia e Norte de Portugal

Fonte info: La Región
 34 profesionais da restauración acudiron ao taller Gastronómico celebrado onte en O Barco,no que levou a cabo unha maridaxe de diversos produtos Excelencia de Ourense e Portugal con viños da Denominación de Orixe Valdeorras.



O chef Javier 'Taky' Rodríguez, membro do Grupo Nove de vangarda culinaria de Galicia e cociñeiro en Catering Boquete da Coruña, foi o encargado de dirixir o taller, no que elaborou sete pratos, combinando os distintos produtos de excelencia incluídos no catálogo do Centro de Produtos Tradicionais, que xunto co Concello de O Barco organizaba a actividade.

Entre os produtos contemplados incluíronse os embutidos de Valdeorras; marmeladas e patés de Verín; aceite de Quiroga; embutidos de Viana; pan da denominación de orixe O Barco ou produtos do norte de Portugal, tamén a nivel de embutidos e doces.

Na experiencia tomaron parte 34 persoas, maioritariamente pertencentes ao sector da hostalaría e restauración, que aprenderon a elaborar cada un dos pratos paso a paso, maridando despois cada un deles co viño máis adecuado e dando paso finalmente a unha degustación dos menús.

Por outra banda, Iago López, técnico na cata de aceites e viños, asesorou sobre as claves para sacar o máximo partido a estes dous produtos e valorar as súas diversas calidades de cor, sabor e aroma, facéndoas corresponder de forma adecuada co resto de produtos.

As adegas DO Valdeorras participantes no acto e incluídas dentro do selo Excelencia de produtos de Galicia e norte de Portugal son as seguintes:

 Podes ampliar información sobre cada unha delas facendo click sobre o seu nome


No hay comentarios:

Publicar un comentario