jueves, 4 de octubre de 2012

Gran Mesquita de Ouro para Godello A Coroa 2011, Mesquita de Prata para Pingadelo e Rúa Branco e Mesquita de Bronce para Rúa Tinto e Marquesiño 2010

Fonte info: Marta Sertaje - Adega A Coroa
Os viños DO Valdeorras triunfan nos Premios Mesquita 2012 conseguindo un amplo palamarés de recoñecementos en todas as categorías do certame.

O Gran Premio do certame foi para adega A Coroa que tras cultivar importantes premios internacionais, volveuse a converter en referencia para o sector especializado español conseguindo a máxima condecoración no concurso nacional  de viños "Premios Mesquita", sendo galardoado coa Gran Mesquita de Ouro.

Este premio consolida a A Coroa Godello 2011 como un dos  5 mellores viños de España participantes no certame, ratificando o gran traballo que se realiza dende a adega coa variedade godello e amplíando un admirable palmarés internacional no que destacan os seguintes galardóns para a colleita 2011:

Podes ampliar a información sobre estes premios facendo click sobre o seu nome

91 puntos en International Wine Cellars de Stephen Tanzer

Medalla de Ouro na Selección Mundial  Viños de Canadá

Medalla de Prata no Concurso Internacional de Viños de Lyon


 Coñece a repercusión internacional de A Coroa

Pola súa banda, o gran momento que están a vivir os viños de calidade DO Valdeorras non pasou desapercibido para os especialistas de Premios Mesquita, que incluíron a máis variedades da DO entre as destacadas da edición 2012 destes galardóns.

Así, a Cooperativa "Virxe das viñas" conseguiu senllas medallas de prata para Pingadelo Mencía e A Rúa Branco, ampliando a súa presenza no palmarés con outras dúas Mesquitas de Bronze para Rúa Tinto e Marquesiño Godello 2010.

Desta forma ratifícase tamén o bo momento da cooperativa ruésa, que tras conseguir un importante recoñecemento internacional o pasado ano da man de Robert Parker, segue reafirmando a calidade dos seus caldos dentro do sector especializado nacional.



Coñece a Adega Cooperativa Virxe das Viñas

Coñece os viños de Virxe das Viñas

Accede ás últimas noticias de Virxe das Viñas


O Concurso Nacional de Viños Premios Mesquita iniciou a súa andaina fai agora dezasete anos. A súa finalidade era potenciar, dobremente, o sector vitivinícola apoiando dunha parte ás adegas e consellos reguladores que participaban no certame Expocórdoba e, doutra, a todas as adegas españolas que quixesen participar naqueles primeiros Premios Mesquita.

 Co paso dos anos, a traxectoria profesional deste concurso, a alta cualificación dos seus catadores e a tesonera labor dos seus organizadores, situouna nun destacado lugar entre os eventos deste tipo que se celebran en España. Tras a súa decimoséptima edición, o Concurso Nacional de Viños Premios Mesquita, consolidou o seu prestixio dentro do mundo do viño e os Premios Mesquita son xa un prezado galardón para as adegas do país.

Por estes motivos, foi oficialmente recoñecida polo Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente ( BOE nº 314 de data 30 de decembro de 2011 ) e pola Consellería de Agricultura e Pesca da Xunta de Andalucía. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario