martes, 18 de septiembre de 2012

Os viños DO Valdeorras serán protagonistas en "Show cooking: Maridaxe e degustación de Produtos de Excelencia"

  O Centro de Promoción de Produtos Tradicionais (CPT), no marco do Proxecto Eixo Interior, presenta: "Show cooking: Maridaxe e degustación de produtos de excelencia", o domingo 30 de setembro no CEIP Ramón Otero Pedrayo (escola de Viloira - O Barco de Valdeorras), en horario de 17.00 a 19.30 horas.

O taller consistirá na elaboración de diferentes pratos a partir dos produtos de Excelencia de Galicia e Norte de Portugal, os cales serán degustados polos participantes, xunto coa cata dos viños de Excelencia, onde a DO Valdeorras xogará un papel destacado representada polas seguintes adegas:

  Podes ampliar información sobre cada unha delas facendo click sobre o seu nome


O taller desenvolverase en dúas partes diferenciadas:

1.  Show Cooking a cargo do chef Javier "Taky" Rodríguez, membro do grupo de vangarda culinaria de Galicia, "Grupo Nove":


-  Nesta demostración en vivo, o prestixioso chef elaborará 7 pratos empregando
moitos dos produtos adscritos a márcaa Excelencia.

-  Ademais, explicará paso a paso como elabora cada un dos pratos para que os
asistentes poidan aprender novas formas de cociñar os produtos.

2. Maridaxe dos pratos elaborados cos viños:


-  Os  asistentes  poderán  degustar  cada  un  dos  pratos  elaborados  co  viño seleccionado  polo  enólogo  escoitando  ao mesmo tempo as explicacións pertinentes referidas á maridaxe e ao viño seleccionado para cada prato.

A metodoloxía e cronoloxía do taller é a seguinte:

1.  Presentación dos produtos que formarán parte do prato.

2.  Cociña en vivo do prato.

3.  Presentación do viño elixido para maridar co prato.

4.  Degustación de ambos os produtos por cada un dos asistentes.

5.  Preguntas aos expertos.

Existe número limitado de 40 prazas. Esta actividade está dirixida a todas aquelas persoas interesadas e, especialmente, os profesionais da restauración e hostalaría, sendo para os asistentes de custo totalmente gratuíto.

A través deste vídeo mostrámosvos as habilidades culinarias de Javier "Taky" Rodríguez  e os seus coñecementos vinícolas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario