lunes, 6 de agosto de 2012

Coñece as adegas que che darán a benvida na XV Feira dos Viños DO Valdeorras

Achégase a XV Feira do viño DO Valdeorras e as adegas ultiman preparativos para ofrecerche o mellor dos recibimentos a través da excelencia dos seus viños.

A través deste artigo presentámosvos as adegas que tomarán parte na XV Feira do Viño DO Valdeorras, ofrecéndoche a posibilidade de que amplíes información sobre cada unha delas facendo "Click" sobre o seu nome. Desta forma poderás coñecer a súa filosofía de traballo, a excelencia dos seus viños e os premios que levaron a converter á DO Valdeorras nun referente internacional dentro do sector do viño.

Estas son as adegas que tomarán parte na XV Feira do Viño DO Valdeorras:
























En adicción ás adegas DO Valdeorras, o acto contará un ano máis coa presenza do EXCMO Concello de Almendralejo que realizará unha presentación dos produtos típicos da súa rexión en estreito irmandamento cos viños DO Valdeorras.





  

viernes, 3 de agosto de 2012

Coñece o programa da XV Feira do Viño DO Valdeorras

Nunha edición máxica, os adegueiros e o Consello Regulador DO Valdeorras puxeron todo o seu empeño en crear uns actos enfocados ao uso e goce do visitante. Cos caldos DO Valdeorras como protagonistas, a excelencia no panorama internacional do viño espérate os días 11 e 12 de Agosto en A Rúa.

Para que te animes a vir e programes o teu calendario, ofrecémosche a distribución dos actos que converterán a esta edición en irrepetible.

Xoves 9 de Agosto

19:00 horas - Precata da XIII Cata da XV Feira do viño de Valdeorras

Venres 10 de Agosto

11:00 horas - Final da XIII Cata da XV Feira do viño de Valdeorras

Sábado 11 de Agosto

12:00 horas - Apertura do Recinto Feiral

12:30 horas - Inauguración da XV Feira do Viño DO Valdeorras por parte das autoridades e entrega dos premios da XIII Cata da XV Feira do viño de Valdeorras

14:30 - Peche do recinto e descanso para comer

19:00 - Reapertura do recinto

22:30 - Peche do recinto até o día seguinte

Domingo 12 de Agosto

12:00 - Reapertura do recinto Feiral.

14:30 - Peche do recinto final para comer.

19: 00 - Reapertura do recinto feiral para a degustación dos viños DO Valdeorras

22:30 - Clausura da XV Edición da Feira dos viños DO Valdeorras

Ademais deste programa, ao longo da semana irémosvos ofrecendo un amplo elenco de ofertas culturais, naturais e lúdicas para que poidades gozar da comarca de Valdeorras en toda a súa esencia.





  

jueves, 2 de agosto de 2012

A XV Feira do viño DO Valdeorras celebrarase o 11 e 12 de Agosto

Confírmanse as datas de celebración da XV edición da Feira do viño de DO Valdeorras os próximos 11 e 12 de agosto.

Un ano máis a ribeira do Sil, na area recreativa do Aguillón situada na localidade da Rúa, acollerá a XV edición da Feira do viño de Valdeorras.

Despois da prolífica acollida recibida tanto a nivel nacional como internacional polos viños pertencentes á DO Valdeorras, chega o momento de presentar as excelencias destes caldos dentro do seu máis pura esencia transmitida pola terra, Valdeorras.

 Cun amplío e nutrido programa de actos, a DO Valdeorras propón dar a coñecer, un ano máis, a evolución duns dos máis prestixiosos viños no panorama vinícola internacional.

Se desde Estados Unidos a Rusia, atravesando Europa e sentado sólidas bases no continente asiático, os viños DO Valdeorras empezan a coñecerse co sobrenome da "Revolución enolóxica do Século XXI", vas perderte a oportunidade de vivir en primeira persoa a posibilidade de gozar da súa calidade nun marco de incomparable beleza?

Nos próximos días, dende Un universo en cada botella e A nai do viño, irémosvos ofrecendo máis datos sobre o programa de Feira, as adegas participantes, as ofertas lúdicas da zona e un gran número de iniciativas para que vos animedes a gozar destes caldos como máxima expresión e reflexo dunha terra.

miércoles, 1 de agosto de 2012

Adega O Cepado estrea WEB

 A constáte iniciativa que se desprende dende as adegas DO Valdeorras consistente en axuntar tradizón e modernidade, segue dando os seus froitos máis aló do viñedo. Por este motivo, no afán de achegar a excelencia dos seus caldos a todos os públicos, Adega O Cepado presenta o seu novo Portal Web. 

Con toda unha vida adicada ao traballo e coidado dos viñedos, no ano 2008 nace Adega O Cepado, unha adega familiar situada en Rubiá e integrada na Denominación de Orixe Valdeorras.

A altitude (550m), chans arcillosos e calizos crean as mellores condicións posibles para elaborar viños de primerísimo nivel. 

Dunha coidada combinación entre viñedos de máis de 20 anos de antigüidade (Pradogrande, As Figueiras ...) e novas plantacións (A Devesa, Valdeseara, Lourenche ...) nacen os magníficos viños: Cepado Godello e Cepado Mencía. 

O principal obxectivo para esta adega é elaborar viños de primerísima calidade, empregando para iso o traballo tradicional nos viñedos e as máis modernas tecnoloxías na fase de elaboración. 

Como mostra do devandito, ofrecémosvos a nova iniciativa de O Cepado, onde, a través da súa Web, poderedes coñecer de primeira man todo o esforzo e tesón que se necesita para producir uns viños de primerísimo nivel e sobresainte calidade internacional.






martes, 31 de julio de 2012

Novo éxito dos irmandamentos gastronómicos de Alan de Val en O Ferrol

Fonte info e fotos: Manu Sánchez - Alan de Val
Novo éxito nos irmandamentos gastronómicos DO Valdeorras que a adega Alan de Val celebra por todo Galicia e que, neste caso, ambientou a máis que acolledora sala do restaurante O Camiño do Inglés en O Ferrol

No restaurante O Camiño do Inglés, onde o seu propietario Daniel López é un virtuoso das maridaxes, recreouse cunha gran versatilidade unha tapa por cada un dos viños que Alán de Val expuxo no evento.

 A cociña de Daniel López, reputado ex - integrante da cociña de "Casa Marcelo", caracterízase por unha "Cociña de Mercado", onde os ingredientes e materias primas resultan fáciles de atopar e de sinxela e rápida elaboración, repetando ao máximo a esencia e calidade dun produto de primeira liña. 

 As súas creacións culinarias, ademais, cambian todos os días para dinamizar ao máximo a oferta gastronómica do local.

Ao evento acudiron numerosas persoas do ámbito gastronómico de O Ferrol e, entre eles, un considerable número de profesionais da restauración que ofreceron unha excepcional acollida a Alan de Val e os seus viños.

 A cata deu comezo ás 19:30 horas e prolongouse até as 22:00 horas. Joaquín Sánchez, abriu a sesión explicando a filosofía, orixe e idiosincrasia da adega e os viñedos, mentres que Manuel Sánchez comentou de forma gráfica e detallada cada unha das notas de cata.

Ordenadamente, fóronse servindo as tapas que maridaban con cada un dos viños, resultando segundo palabras de Manuel Sánchez: "foron un agradable e interesante maratón de maridaxes nos que Daniel López daba boa conta en explicacións de cada unha das súas exquisitas composicións".


  Desta forma, Alan de Val segue causando sensación a través dos seus irmandamentos gastronómicos ao longo e ancho da comunidade galega. Proba fehaciente diso é a próxima cata-presentación que unha vez máis se celebrará na vila ourensá de Allariz, o próximo 10 de Agosto en Café Restaurante Sarabia.



martes, 24 de julio de 2012

A Adega DO Valdeorras "Alan de Val" segue namorando a Galicia a través dos seus irmandamentos enogastronómicos

Foto: Román Novoa - Imaxinarte
A firme aposta de compromiso que os irmáns Sanchez Rodríguez  (responsables da adega DO Valdeorras Alan de Val) teñen con Galicia, volveu a cobrar relevancia no acto celebrado o pasado sábado no mítico bar-restaurante da vila ourensá de Allariz, "Roi Xordo".

A cata - presentación na que os responsables da adega compartiron os seus viños co gran público, estivo acompañada por diferentes apostas gastronómicas que correron a cargo do equipo que conforma Roi Xordo (Carmen, Jesús M, Mónica e todo o elenco de grandísimos profesionais que vos agardan no  "ROI") .

No acto, destacado pola súa gran afluencia e magnífica acollida, puidéronse degustar os viños máis emblemáticos da adega valdeorresa, acompañados por diferentes elaboracións gastronómicas de terra e mar que fixeron as delicias dos padais máis esixentes. Todo iso amenizado, á súa vez, por representativas e vangardistas pezas musicais galegas tocadas en vivo  como reforzo identificador do acto. 

O evento contou coa cobertura gráfica dunha das novas e máis destacadas figuras do mundo da fotografía en Galicia, Román Novoa, quen, co seu marcado estilo artístico visual, foi o encargado de inmortalizar este gran irmandamento.

Desde Alan de Val resúmennos o acto na seguinte estrofa:

"Rexurdindo de pedras exhalantes de historia e entre paredes que foron testemuña de momentos de gloria, berce de tradición, de costumes, arraigamento do pobo celta dos nosos antepasados, en transitado paso de bois, carretas e baixo a noite serena de Allariz, os viños Alan de Val chegan de novo envolvendo padais e sentidos, irmandando os sabores das nosas queridas terras Ourensá".

Pola súa banda, dende a adega continúase de forma incesante co vórtice de irmandamentos por todo Galicia, sendo proba fehaciente diso a recente presenza como convidados de honra na Festa do Albariño Tinto  (As Neves); co seu viño A Costiña como embaixador de luxo no evento.

José Luís Sánchez presentando A Costiña en As Neves
  E como mostra do exposto, facémosvos participes da próxima presentación que a adega realizará o próximo 28 na cafetaría Bravo de Lux, A Rúa, da que vos iremos dando cumprida información a medida que se vaian ampliando máis datos

lunes, 23 de julio de 2012

Cualifícase á colleita 2011 da DO Valdeorras como "Moi Boa" mentres o Concello da Rúa entregou os premios da súa primeira cata de viños

A colleita 2011 dos viños amparados  baixo o Selo de Calidade DO Valdeorras foi cualificada como 'Moi Boa', tal e como anunciou a pasada semana o pleno do Consello Regulador. Mentres, pola súa banda, o Concello da Rúa entregou o pasado sábado os seus premios "Cigurro" aos viños DO Valdeorras.

A multitude de premios nacionais e internacionais dos que se fixeron acredores os viños DO Valdeorras a través da súa colleita 2011 convertéronse no selo do prestixio internacional dunha colleita que se antollou desde un principio como mostra de calidade e recoñecemento do traballo que os produtores e adegueiros desempeñan na DO Valdeorras .

Nesta liña e seguindo rigorosos criterios de análises fundamentadas na excelencia e calidade, o Consello Regulador DO Valdeorras cualificou a esta anada 2011 como "Moi Boa", en claro marco de continuidade con respecto ao traballo que leva realizando nos últimos anos na DO e que situou a estes viños como uns dos caldos máis de moda no panorama vinícola internacional, sendo recoñecidos por algúns dos máis prestixiosos especialistas do sector como a gran promesa de España no sector internacional do viño.


Pola súa banda, o Concello da Rúa entregou este fin de semana os premios da súa primeira cata  - concurso de viños DO Valdeorras


Un total de 33 viños participaron na cata organizada polo Concello da Rúa, que onte entregou os premios no tres categorías establecidas nas bases do concurso.

 O Cigurro na categoría de brancos foi para Adega A Coroa, o de tintos para Adega Melilla e o Dourado, establecido para outras anadas, recaeu na Adega Viña Somoza.

O xurado da cata estivo formado por José Serrano, Ramón García, José Luís Bartolomeu, Jesús Mielfa e José Manuel Fernández Anguiano.


Ademais dos trofeos e medallas, os viños das diferentes categorías premiados na cata serán utilizados polo Concello da Rúa para todos os actos institucionais durante un ano.


viernes, 20 de julio de 2012

Platano Caramelizado con Augardente de Valdeorras ( CRDO Augardentes e Licores de Galicia)

 Para endulzar a fin de semana, dende A nai do viño presentámosvos esta fantástica receita de vangarda culinaria de Galicia en estreita maridaxe con Godello sobre lías DO Valdeorras. A sobremesa, é cortesía do prestixioso Cheff de Grupo Nove "Pablo Romero" e do Consello Regulador DO Valdeorras.

 Pablo Romero Huelin
, incansable rastreador de produtos, percórrese a diario as prazas da zona en busca da mellor materia prima que entrará a formar parte do seu menú. A súa carta, moi flexible, cambia frecuentemente debido aos caprichos da natureza e, moitas veces, é o mercado o que marca o que se vai a servir cada día

A afección  de Pablo pola cociña empeza desde moi nova en "A Costa da Morte", onde ve á súa avoa elaborar, no restaurante familiar, aquelas empanadas de millo memorables e aqueles peixes e mariscos. Na súa casa sempre se valorou o bo produto. Foi máis tarde cando decidiu facer da súa afección a súa profesión, deixando os estudos universitarios e dedicándose plenamente á cociña. 

Aínda que realiza unha cociña actual, nunca prescinde de elaboracións tradicionais que son dificilmente superables.

O seu restaurante, "Allo e Aceite" (Pontevedra), descobre unha maneira distinta de gozar dos delicados produtos seleccionados. Sinxeleza na elaboración e sorpresa no padal.

Estes produtos de primeira liña son elaborados dunha forma sinxela e delicada, valéndose de técnicas vangardistas para conseguir respectar ao máximo o xénero e as características intrínsecas dos mesmos, sendo presentados dunha forma actual que serve para axuntar o sabor e a beleza en cada prato.

Así nos presenta Pablo a maridaxe desta sobremesa con Godello sobre lías DO Valdeorras


jueves, 19 de julio de 2012

A adega DO Valdeorras "Valdesil" participa no proxecto máis importe de Galicia en investigación vitivinícola

Fonte info: Viño Galego
O proxecto, financiado en parte polo 'Fondo Tecnolóxico', partida especial do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea (FEDER), pretende ser un referente a nivel nacional no ámbito da innovación vitivinícola. Este, busca consolidar a variedade Godello xunto ao seu hábitat natural, os chans de lousa e pizarra de Valdeorras e o extremo clima desta rexión, como os elementos crave para competir nos mercados internacionais de alto nivel a través da mellora da súa calidade, así como a redución de custos e impacto mediambiental mellorando as marxes de comercialización.

O grupo de investigación do doutor José Ramón Lissarrage da ETS de Enxeñeiros Agrónomos da Universidade Politécnica de Madrid marcará as directrices do proxecto de Valdesil xunto á enóloga Cristina Mantilla e ao director técnico de Valdesil Borja Prada.

O proxecto da adega Valdesil está integrado no Consorcio 'Inter-gal-eno' no que participan cinco adegas máis de Galicia que investigarán sobre outras variedades de uva cun investimento conxunto de tres millóns de euros.

A investigación ilustra como os científicos poden obter financiamento cando orientan o seu traballo á colaboración coas empresas en proxectos beneficiosos para o conxunto dun sector.

Así, a parte científica do mesmo foi encargada á Misión Biolóxica de Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas e á fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia mentres que a empresa Grupotec desenvolve os labores de Oficina Técnica.

A investigación está orientada a optimizar a forma de cultivo das variedades e a reducir os tratamentos anti-criptogámicos. Para iso avaliarase o comportamento agronómico baixo diversos escenarios de altitude de cultivo, orientación e outros parámetros que se monitorizarán cunha rede de sensores inalámbricos apoiada por modelos matemáticos de predición.

Viñedo de Pedrouzos
Valdesil conta cos viñedos de Godello máis vellos de España. Destaca o viñedo de Pedrouzos plantado a finais do século XIX por un antepasado da familia propietaria. En total, cultiva 30 hectáreas de viñedo e controla outra 58 propiedade de viticultores locais, maioritariamente da variedade branca Godello.

Valdesil iniciou a súa actividade en 1991 cando se lanzou ao mercado a primeira colleita da adega. Simultaneamente comezou o proceso de recompra e recuperación dun conxunto de viñas, as 'Pezas dá Portela', plantados pola familia tempo atrás e que cambiaran de mans co paso do tempo.

Os viñedos de Valdesil están nos pobos de Portela e Córgomo, pertencentes ao municipio de Vilamartín de Valdeorras. A adega elabora, hoxe en día, catro viños brancos de leira: Montenovo, Valdesil, Pezas dá Portela e Pedrouzos e dous viños tintos de carácter atlántico: Valderroa e Valderroa Carballo.




martes, 17 de julio de 2012

Arrinca a ruta 'Vive e Bebe Godeval' en dez bares e restaurantes de Ponferrada

Info: El Bierzo Digital

Unha decena de bares e restaurantes da capital berciana han iniciado unha promoción coa que pretenden fidelizar aos clientes cun viño branco de Godello da comarca veciña de Valdeorras.
 A adega Godeval, pioneira na recuperación desta variedade en Valdeorras, foi a elixida polas distribuidora "Bodegas La Seca" para realizar esta promoción. Dez establecementos hostaleiros de Ponferrada repartirán, ao consumir este viño branco, uns cartóns cun número de participación nun sorteo o día 1 de agosto.
A iniciativa poderase gozar até final do mes de xullo. Os premios aos que optarán os clientes son lotes de viño e como premio especial unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes participantes. Para entrar no concurso e á vez degustar e mesmo descubrir un gran viño como Godeval, só teñen que pedilo realizando a ruta que aparece indicada en varios carteis colocados nos locais participantes.

Na Ruta Vive e Bebe participan: El Café Teatro, Bergidum, La Carrá, Vinomio, Restaurante Lagar de Montejos, Las Cuadras, El patio de la Obrera, Capricciosa, Bernain, Alfaia.