martes, 24 de julio de 2012

A Adega DO Valdeorras "Alan de Val" segue namorando a Galicia a través dos seus irmandamentos enogastronómicos

Foto: Román Novoa - Imaxinarte
A firme aposta de compromiso que os irmáns Sanchez Rodríguez  (responsables da adega DO Valdeorras Alan de Val) teñen con Galicia, volveu a cobrar relevancia no acto celebrado o pasado sábado no mítico bar-restaurante da vila ourensá de Allariz, "Roi Xordo".

A cata - presentación na que os responsables da adega compartiron os seus viños co gran público, estivo acompañada por diferentes apostas gastronómicas que correron a cargo do equipo que conforma Roi Xordo (Carmen, Jesús M, Mónica e todo o elenco de grandísimos profesionais que vos agardan no  "ROI") .

No acto, destacado pola súa gran afluencia e magnífica acollida, puidéronse degustar os viños máis emblemáticos da adega valdeorresa, acompañados por diferentes elaboracións gastronómicas de terra e mar que fixeron as delicias dos padais máis esixentes. Todo iso amenizado, á súa vez, por representativas e vangardistas pezas musicais galegas tocadas en vivo  como reforzo identificador do acto. 

O evento contou coa cobertura gráfica dunha das novas e máis destacadas figuras do mundo da fotografía en Galicia, Román Novoa, quen, co seu marcado estilo artístico visual, foi o encargado de inmortalizar este gran irmandamento.

Desde Alan de Val resúmennos o acto na seguinte estrofa:

"Rexurdindo de pedras exhalantes de historia e entre paredes que foron testemuña de momentos de gloria, berce de tradición, de costumes, arraigamento do pobo celta dos nosos antepasados, en transitado paso de bois, carretas e baixo a noite serena de Allariz, os viños Alan de Val chegan de novo envolvendo padais e sentidos, irmandando os sabores das nosas queridas terras Ourensá".

Pola súa banda, dende a adega continúase de forma incesante co vórtice de irmandamentos por todo Galicia, sendo proba fehaciente diso a recente presenza como convidados de honra na Festa do Albariño Tinto  (As Neves); co seu viño A Costiña como embaixador de luxo no evento.

José Luís Sánchez presentando A Costiña en As Neves
  E como mostra do exposto, facémosvos participes da próxima presentación que a adega realizará o próximo 28 na cafetaría Bravo de Lux, A Rúa, da que vos iremos dando cumprida información a medida que se vaian ampliando máis datos

No hay comentarios:

Publicar un comentario