martes, 31 de julio de 2012

Novo éxito dos irmandamentos gastronómicos de Alan de Val en O Ferrol

Fonte info e fotos: Manu Sánchez - Alan de Val
Novo éxito nos irmandamentos gastronómicos DO Valdeorras que a adega Alan de Val celebra por todo Galicia e que, neste caso, ambientou a máis que acolledora sala do restaurante O Camiño do Inglés en O Ferrol

No restaurante O Camiño do Inglés, onde o seu propietario Daniel López é un virtuoso das maridaxes, recreouse cunha gran versatilidade unha tapa por cada un dos viños que Alán de Val expuxo no evento.

 A cociña de Daniel López, reputado ex - integrante da cociña de "Casa Marcelo", caracterízase por unha "Cociña de Mercado", onde os ingredientes e materias primas resultan fáciles de atopar e de sinxela e rápida elaboración, repetando ao máximo a esencia e calidade dun produto de primeira liña. 

 As súas creacións culinarias, ademais, cambian todos os días para dinamizar ao máximo a oferta gastronómica do local.

Ao evento acudiron numerosas persoas do ámbito gastronómico de O Ferrol e, entre eles, un considerable número de profesionais da restauración que ofreceron unha excepcional acollida a Alan de Val e os seus viños.

 A cata deu comezo ás 19:30 horas e prolongouse até as 22:00 horas. Joaquín Sánchez, abriu a sesión explicando a filosofía, orixe e idiosincrasia da adega e os viñedos, mentres que Manuel Sánchez comentou de forma gráfica e detallada cada unha das notas de cata.

Ordenadamente, fóronse servindo as tapas que maridaban con cada un dos viños, resultando segundo palabras de Manuel Sánchez: "foron un agradable e interesante maratón de maridaxes nos que Daniel López daba boa conta en explicacións de cada unha das súas exquisitas composicións".


  Desta forma, Alan de Val segue causando sensación a través dos seus irmandamentos gastronómicos ao longo e ancho da comunidade galega. Proba fehaciente diso é a próxima cata-presentación que unha vez máis se celebrará na vila ourensá de Allariz, o próximo 10 de Agosto en Café Restaurante Sarabia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario