miércoles, 1 de agosto de 2012

Adega O Cepado estrea WEB

 A constáte iniciativa que se desprende dende as adegas DO Valdeorras consistente en axuntar tradizón e modernidade, segue dando os seus froitos máis aló do viñedo. Por este motivo, no afán de achegar a excelencia dos seus caldos a todos os públicos, Adega O Cepado presenta o seu novo Portal Web. 

Con toda unha vida adicada ao traballo e coidado dos viñedos, no ano 2008 nace Adega O Cepado, unha adega familiar situada en Rubiá e integrada na Denominación de Orixe Valdeorras.

A altitude (550m), chans arcillosos e calizos crean as mellores condicións posibles para elaborar viños de primerísimo nivel. 

Dunha coidada combinación entre viñedos de máis de 20 anos de antigüidade (Pradogrande, As Figueiras ...) e novas plantacións (A Devesa, Valdeseara, Lourenche ...) nacen os magníficos viños: Cepado Godello e Cepado Mencía. 

O principal obxectivo para esta adega é elaborar viños de primerísima calidade, empregando para iso o traballo tradicional nos viñedos e as máis modernas tecnoloxías na fase de elaboración. 

Como mostra do devandito, ofrecémosvos a nova iniciativa de O Cepado, onde, a través da súa Web, poderedes coñecer de primeira man todo o esforzo e tesón que se necesita para producir uns viños de primerísimo nivel e sobresainte calidade internacional.






No hay comentarios:

Publicar un comentario