miércoles, 18 de abril de 2012

O Consello Regulador DO Valdeorras presenta os seus viños Tostados

Despois de catro anos de investigación e con bos resultados nas catas previas realizadas, preséntanse novos avances no proxecto que están a realizar conxuntamente o Consello Regulador DO Valdeorras e o Campus de Ourense da Universidade de Vigo para a obtención e recuperación do viño tostado de Valdeorras.

Un total de doce catadores comprobaron onte os logros do traballo dos investigadores no marco do proxecto de optimización do aroma e da cor nos procesos de obtención do viño tostado a partir de uva garnacha tintorera.

A experiencia, que se desenvolve na adega experimental do Consello Regulador e que se consistiu na cata dun viño licor, un viño seco e un tostado, completouse coa comparativa entre estes viños e outros de similares características de diversas rexións do planeta (Portugal, Austria, Hungría e Sudáfrica) a fin de cotexar e valorar as calidades organolépticas dos mesmos.

A sesión estivo enfoca a un Panel de Cata de viños Tostado con importante representación das adegas adscritas ao selo de calidade DO Valdeorras; xa que, segundo informan os responsables do proxecto: "agora é o momento de que os viticultores de Valdeorras coñezan as características destes viños e da súa realización, animándose a producilos para o mercado".

Desta forma preténdese recuperar un produto de tradición internacional centenaria, tal e como demostra o galardón outorgado a estes viños por parte dos responsables da Exposición Universal de París do ano 1900.



lunes, 16 de abril de 2012

Preto dun milleiro de distribuidores, especialistas e hostaleiros valencianos encomian as cualidades dos viños DO Valdeorras

Con motivo da presentación realizada polo Consello Regulador DO Valdeorras no Hotel SH Palace da cidade do Turia, o pasado 12 de Abril e na que se rexistrou un record de afluencia, os viños de 18 adegas adscritas ao selo de calidade DO Valdeorras volvéronse a facer acredores dos máis altos cualificativos outorgados por parte do sector especializado da capital levantina.

Aproveitando o tirón internacional que os viños desta DO galega teñen no estranxeiro, feito que se materializou nun incremento de importación do 93% en 2011, o Consello Regulador DO Valdeorras mostrou o seu firme compromiso co público nacional, en compañía dun elevado número de adegas da comarca e sendo Valencia a cidade elixida para mostrar a excelencia dos seus caldos.

Tomando a testemuña de Barcelona e Madrid en España e de grandes urbes como Dallas, Zúric ou New York alén das nosas fronteiras, unha vez máis, tanto promotores e participantes, como visitantes e invitados coincidiron en denominar o acto de presentación como un auténtico éxito.



Este feito reflíctese nas manifestacións compartidas por parte do organismo regulador, en boca do seu responsable técnico, Jorge Mazaira, que nos ofrecen as seguintes declaracións: - Quedamos entusiasmados coa expectación a modo de afluencia que espertou o acto, ademais da amplísima cobertura mediática que se outorgou ao mesmo. Á súa vez, a participación de importantes grupos técnicos da Comunidade Valenciana han acompañado o acto con cualificativos como "moi notable" e "excelente", reforzadondo a imaxe da DO no levante penínsular -.

Pola súa banda, e reafirmando as declaracións de Jorge Mazaira, desde o colectivo da Asociación de Catadoras da Comunidade Valenciana (FASCV) trasládannos as seguintes valoracións: - A calidade dos viños é sorprendente e excelente. Os godellos maridan á perfección coa nosa gastronomía e os mencías, garnachas e sousones resultan moi interesantes e un complemento perfecto para aqueles pratos máis intensos- . Declaracións que se traduciron na invitación formal por parte dos Catadores Valencianos á DO Valdeorras de participar nunha das feiras vinícolas máis importantes da Comunidade Valenciana: "A Gran Feira do Viño de Gandía 2012"

A valoración do acto por parte do sector dos adegueiros participantes chéganos da man de Marta Sertaje, directora comercial de Adega A Coroa. A Coroa é unha das adegas con máis galardóns internacionais pola súa colleita 2010, que presentou en rigorosa exclusiva en Valencia a súa nova colleita 2011. Estas son as declaracións de Marta: - A presentación tivo moito éxito. Eu non esperaba tanta afluencia de xente, pero unha vez que deu comezo, e non moi tarde, xa que só houbo que esperar unha hora para que a sala estivese. O público tivo a oportunidade de probar os caldos que facemos en Valdeorras e marabillouse pola calidade dos mesmos. Eu, no meu caso, levei a nova anada 2011, embotellada desde hai só 15 días e a pesar da súa mocidade, apunta maneiras e á xente encantoulle tanto A Coroa 2011 como A Coroa Lias 2010. O público foi moi profesional no sentido de que case todos viñan catar e degustar os viños, sendo a maioría, propietarios de restaurantes e persoal que traballa neles - .



Unha vez finalizado o acto, o Consello Regulador DO Valdeorras e un gran número de adegas xa se puxeron en marcha para trasladar as súas excelencias ao próximo acto promocional que se celebrará en Londres do 22 ao 25 de maio.






martes, 10 de abril de 2012

A DO Valdeorras presentará as súas excelencias este xoves en Valencia

O Hotel SH Palace da capital levantina é o lugar escollido para os actos de presentación da nova colleita 2011 por parte da flor e nata das adegas adscritas á DO Valdeorras.

Tras os excepcionais éxitos cultivados nos últimos anos dentro do sector vinícola internacional, e baixo o selo do Consello Regulador desta Denominación de Orixe, un nutrido grupo de adegas valdeorresas presentarán a excelencia dos seus caldos o vindeiro xoves 12 de Abril, a partir das 17:00 horas, no Hotel SH Palace de Valencia.

As seguintes adegas serán as encargadas de facer patente a revolución enolóxica do Século XXI amparada polo selo de calidade DO Valdeorras:



















miércoles, 4 de abril de 2012

Mousse de Queixo de Tetilla con Espuma de Marmelo e Licor Café

Como proposta de sobremesa para esta semana Santa, Yayo Daporta, prolífico Cheff do grupo de vangarda culinaria de Galicia "Nove", ofrécenos esta paradigma da cociña tradicional galega cun delicado toque innovador e vangardista.

Yayo Daporta é unha das máis destacas e emerxentes figuras da nova cociña de Vangarda en España e, dende logo, en Galicia. O seu lema resúmese nun enfoque da cociña galega actualizado, complementado con chiscadelas do mellor doutras zonas. Él preséntase da seguinte maneira:

"Estudei cociña sen ningunha convicción e a verdadeira vocación chegoume cando coñecín a cociña de Casa Solla, foi o meu primeiro traballo e tamén o que espertou a miña curiosidade pola cociña de vangarda. Iso levoume a outros restaurantes de España. E hoxe baseo a miña cociña no bo gusto e o sentido común, non pretendo ser creativo e manteño a miña cociña dacabalo entre o tradicional e as vangardas"

O seu chalé-restaurante, situado no Cambados antigo, caracterízase na súa planta, e tras a pedra, polo deseño nobremente funcional. Avisa, e non defrauda, de que estamos ante un estilo moderno que aplica os coñecementos do novo século a uns produtos de sempre, proporcionados pola lonxa inmediata, a depuradora de mariscos familiar, ou pola horta e cabana do fértil val do Salnés.

Así presenta Yayo este prato:





lunes, 2 de abril de 2012

Novo premio para o Godello DO Valdeorras no CONCURSO INTERNACIONAL DE VIÑOS DE LYON

De novo o sector internacional volve premiar o traballo realizado polas adegas valdeorresas; sendo, unha vez máis, a Adega A Coroa galardoada cunha medalla de prata no CONCURSO INTERNACIONAL DE VIÑOS DE LYON 2012.

Gran comezo de ano para os viños da DO Valdeorras que seguen sumando numerosos recoñecementos internacionais. Esta vez o galardón chega de Francia, sendo o CONCURSO INTERNACIONAL DE VIÑOS DE LYON 2012 o encargado de incluír entre o seu palmarés á colleita 2011 do branco xove de A Coroa.

Desta forma, a adega ruesa suma un novo recoñecemento ás súas vitrinas en 2012; dotado este de notoria importancia ao destacar a variedade godello entre un preponderante número de viños franceses.







viernes, 30 de marzo de 2012

Castañas glaseadas con touciño entrefebrado á canela en maridaxe con Mencía DO Valdeorras

De novo venres e nova receita de vangarda Culinaria que hoxe nos chega da man de Javier Rodríguez "Taky". Destacado membro de Grupo Nove e figura de recoñecemento e prestixio internacional, que se abandera baixo a máxima: "Cociña de inspiración mundial cun forte acento de Galicia" e que se materializa na Coruña como xefe de cociña do Catering Boketé


E é que a mellor maneira de describir a Javier, adentrándonos no seu fundamento ideolóxico de "Orientación ao sabor", é repasando a súa traxectoria profesional:

RECOÑECEMENTOS

-Campión de España de Cociñeiros (2000)

-10 Posto Campionato Mundial de Cociña Bocuse D'or 2001

-Tres veces campión de Galicia de Cociñeiros (1996, 98, 2000)

-Medalla de Bronze Campionato Europeo de Sabores Rexionais

TRAXECTORIA PROFESIONAL

-Xefe de Cociña Catering Boketé (A Coruña)

-Executive Sous Chef Taberna do Alabardero (Washington DC)

-Xefe de Cociña Restaurante Praia Club (A Coruña)

-Xefe de Carnes e Grella Restaurante 3030 Ocean (Florida)

-Aprendizaxe e Stages en casa Pardo (A Coruña), Zuberoa (Oiartzun), O Bulli (Roses), Akelarre, Arzak (San Sebastián), Casa Solla (Poio), Hotel Savoy (Londres), Hotel Marriott Harbour Beach (Florida), Hotel Hyatt Regency A Manga (Murcia), Hotel Occidental Teguise (Lanzarote).
Taberna do Alabardero (Madrid, Sevilla e Marbella), Ronald Reagan Building Catering Services(Washington DC).

TITULACIÓNS

-Bachelor of Applied Science in Hospitality Administration (Southern New Hampshire University)

-Diploma en Xestión de Empresas Hostaleiras (Centro Superior de Hostalaría de Galicia)

-Certificado Elaboración e Xestión en Cociña (Centro Superior de Hostalaría de Galicia)

Así presenta Javier este prato




miércoles, 28 de marzo de 2012

Éxito de acollida á DO Valdeorras por parte do público asistente a Alimentaria 2012

 Dende o Consello Regulador DO Valdeorras, chégannos noticias moi alentadoras en referencia á acollida recibida polos caldos valdeorresés en Alimentaria 2012.

Segundo palabras do director técnico Jorge Mazaira: "A participación en Alimentaria 2012 foi un éxito en todos os aspectos: tanto de acollida por parte do público asistente, que non aforraron eloxios para os viños DO Valdeorras, como na presenza que os propios caldos tiveron na feira. Entre os mágnificos cualificativos recibidos, encomiouse con gran énfase a frescura, elegancia e profundidade dos brancos, sendo estes apelativos unánimes entre os visitantes"

Das palabras de Jorge Mazaira despréndese unha xa habitual satisfacción polo interese mostrado desde o sector internacional polos viños DO Valdeorras. Unha vez máis, a multitude de premios internacionais que reciben as adegas veñen referendados polas grandes acollidas que se lles outorga nestes actos promocionais, máis persoais e abertos a un público heteroxéneo, onde os viños da DO Valdeorras seguen causando sensacións sobresaientes e de distinción.


Ademais do mostrador do Consello Regulador, integrado dentro da Caseta da Xunta de Galicia e onde estaban presentes un gran número de adegas Valdeorresas, a atención da comitiva de Valdeorras quixo mostrar a excelencia dos seus caldos en estreita maridaxe con algúns dos produtos característicos da comunidade de Galicia. Ofrecendo, desta forma, unha armoniosa comuñón de sabores que fixo as delicias dos asistentes.

Maridaxe viños DO Valdeorras con Queixos de Galicia
Tamén as adegas que participaban con Caseta propia en Alimentaria fixéronse eco da singular notoriedade que o público dispensou aos viños desta denominación de orixe, tal e como demostran as fotos que nos chegan desde as Adegas Godeval e Ruchel.





lunes, 26 de marzo de 2012

Os viños A Coroa, Guitián e Amavi reafirman o éxito internacional de Valdeorras nos premios Bacchus 2012

As adegas Valdeorresas A Coroa e A Tapada, xunto á cooperativa Virxe das viñas, logran senllos Bacchus de prata cos seus viños A Coroa 2011, Guitian 2011 e Amavi 2011, respectivamente, reafirmando o bo momento internacional que viven os viños DO Valdeorras.

Mentres arrinca en Barcelona a Feira Alimentaria 2012 cunha importante representación da DO Valdeorras; os premios seguen chegando ás adegas adscritas a esta DO de forma constante. Esta vez son os premios Bacchus, por medio dos cales se segue recoñecendo o gran traballo, dedicación e saber facer que os viticultores, produtores e adegueiros valdeorresés poñen na súa labor.

Desta forma, Adega A Coroa consolídase cun Bacchus de prata na edición 2012 dos premios. Este galardón únese aos xa recibidos aos longo do ano, resumíndose en: 91 puntos Parker en The Wine Advocate, Ouro e prata en International en Wine Challenge Catavinum 2012 e Premio á excelencia en Prowein 2012





A outra adega que acompañou á Coroa nos galardóns foi A Tapada, con outro dos Bacchus de prata, para un dos viños con máis soleira e maior rede de distribución da rexión, Guitián Godello Xove. Adega A Tapada ofrece tres variedades de Godello baixo o nome: Guitián Godello Novo, Guitián Godello Barrica e Guitián Godello Sobre Lías. Todos eles amparados sobre o forte investimento en I+D+I, que propón a adega, e constastable co feito de ser a primeira adega na península en usar o innovador sistema anti - xeadas para protexer as cepas




viernes, 23 de marzo de 2012

Sardiñas curadas con sementes de pementos de padrón maridadas con mencía DO Valdeorras

Esta fin de semana a cociña de vangarda galega, por medio notable Cheff de Grupo Nove Javier Olleros, pretende romper todos os esquemas coa receita que nos ofrece en exclusiva: "Sardiñas curadas con pementos de padrón e tomatiños aderezados" maridándoa con Mencía DO Valdeorras. Por medio desta exquisita receita, Javier proponnos unha visión de elegancia gastronómica que poderedes gozar nas vosas mesas ou na do seu restaurante "Culler de Pau" en O Grove

A envexable formación culinaria de Javier Olleros resúmese nas seguintes liñas:

Estudou Cociña na Escola Pública de Hostalaría de Santiago de Compostela. Javi Olleros pertence a unha familia de tradición hostaleira do Grove, herdou o oficio do seu pai, cociñeiro emigrado a Suíza, e o bo facer da súa nai, propietaria de Hotel Mar Atlantico, no Grove. Durante os catro meses que pechaba o hotel, Javi aproveitaba para facer stages en cociñas de aquí e alá. Estivo en casa Solla, en Toñi Vicente, con Arola no Broche (Madrid), con Martín Berasategui, en Bica do Sapato (Lisboa), Balzac (Madrid), Zallo Barri (Gernika), acabando os seus stages no mundo de Seiji Yamamoto (Tokio). Olleros levaba catro anos tentando facer algo, ata que montou o seu propio Restaurante: "Culler de Pau".

Así define o formador de comunicadores, blogger e gastrónomo Manuel Gago ao restaurante "Culler de Pau"(coñece o blog de Manuel Gago)

"NOMEADO COMO RESTAURANTE REVELACIÓN - Madrid Fusión 2010 O restaurante Culler de pau é, sen dúbida, unha das máis agradables sorpresas da tempada gastronómica en Galicia. Javier Oleiros está a emprender unha nova e elegante aventura culinaria que convén seguir con atención. Dez mesas nun edificio vangardista e moi minimalista, que combina un luminoso - case cegador - branco, a madeira e o cristal, a través de enormes xanelas que se abren á boca da Ría de Arousa, permitindo distinguir os illotes de Noro e Vionta, Ribeira e a orixinal perspectiva da serra de Barbanza que ofrece O Grove. Aquí sérvese un menú contemporáneo, sinxelo, cunha cociña e sala sorprendentemente rodadas tras só dous meses de inaugurarse. Tempos, temperaturas, servizo axústanse como nun restaurante con anos de experiencia. Entra o sol por este edificio case translúcido, e os pratos resultan belos, armoniosos, decorados con plantas dos campos de ao redor, cunha montaxe de pratos dinámico, con salsas e espumas que conducen visualmente en liñas até o ingrediente principal. O resultado é unha cociña de raíces galegas pero con influencias de todas as cociñas polas que ten pasado de stage. Para coñecela, recoméndase optar polo menú degustación. Culler de Pau arrinca sorprendentemente dende moi arriba, cun nivel inusual; o seu traballo está cheo de referencias a unha boa parte da nova cociña que se realiza en Galicia, pero seguro que será interesante ver como atopa o seu propio camiño gastronómico nunha contorna tan privilexiada para excelentes produtos mariños como é O Grove. E para afeccionados á gastronomía somos unha bonita mostra de optimismo: de como se pode facer alta gastronomía en tempos aparentemente duros para aventuras hostaleiras. Unha nova xeración de cociñeiros de alta factura técnica e conciencia das súas raíces está a acceder aos seus propios negocios e favorecendo a diversidade gastronómica do país. Preste atención á xente de Culler de Pau. Darán que falar."

No seguinte vídeo poderás coñecer como presenta Javier Olleros a fantástica receita de Sardiñas curadas con sementes de pementos de Padrón.





jueves, 22 de marzo de 2012

As Adegas Godeval , Ruchel e Valdesil representan á DO Valdeorras con Stand propio en Alimentaria 2012

Os actos anunciados onte, nos que o Consello Regulador DO Valdeorras actuará en representación do groso de Adegas DO Valdeorras na Feira Alimentaria 2012, veranse reforzados pola presenza das Adegas valdeorresás Godeval, Ruchel e Valdesil que promocionarán con Caseta propio a excelencia da que se fan acredores os caldos Valdeorreses.

Godeval, cuio branco foi seleccionado entre os 100 mellores viños do mundo e único viño de variedade de uva branca española na lista publicada pola prestixiosa revista The Wine Spectator, presentará as súas excelencias ao público internacional na Caseta D280 - Situada en INTERVIN pavillón 3, nivel 0, pertencente ao Distribuidor Vinum Nostrum S.L.

Adega Godeval é pioneira na recuperación da variedade branca Godello dende os anos 80 e, ademais do recoñecemento outorgado por The Wine Spectator, recibiu 91 puntos Parker o pasado ano.





Adega Ruchel será outra das adegas que represente con Caseta propia á DO Valdeorras en Alimentaria 2012. Esta adega poderase visitar entre os días 26 e 28 de Marzo no Pavillón das Autonomías, caseta 200.

Adega Ruchel conta no seu haber co recoñecemento logrado en 2010 que acredita ao seu branco novo, Ruchel 2009, como mellor viño branco de Galicia.




E para finalizar, ampliando a información transmitida a pasada semana, Adega Valdesil presentará en rigorosa exclusiva a súa nova colleita 2011 na Caseta 3C 140, no pavillón Intervin.

Adega Valdesil ostenta o recoñecemento de único branco español elixido entre os 25 mellores do mundo, outorgado pola prestixiosa e recoñecida publicación Financial Times.