jueves, 22 de marzo de 2012

As Adegas Godeval , Ruchel e Valdesil representan á DO Valdeorras con Stand propio en Alimentaria 2012

Os actos anunciados onte, nos que o Consello Regulador DO Valdeorras actuará en representación do groso de Adegas DO Valdeorras na Feira Alimentaria 2012, veranse reforzados pola presenza das Adegas valdeorresás Godeval, Ruchel e Valdesil que promocionarán con Caseta propio a excelencia da que se fan acredores os caldos Valdeorreses.

Godeval, cuio branco foi seleccionado entre os 100 mellores viños do mundo e único viño de variedade de uva branca española na lista publicada pola prestixiosa revista The Wine Spectator, presentará as súas excelencias ao público internacional na Caseta D280 - Situada en INTERVIN pavillón 3, nivel 0, pertencente ao Distribuidor Vinum Nostrum S.L.

Adega Godeval é pioneira na recuperación da variedade branca Godello dende os anos 80 e, ademais do recoñecemento outorgado por The Wine Spectator, recibiu 91 puntos Parker o pasado ano.





Adega Ruchel será outra das adegas que represente con Caseta propia á DO Valdeorras en Alimentaria 2012. Esta adega poderase visitar entre os días 26 e 28 de Marzo no Pavillón das Autonomías, caseta 200.

Adega Ruchel conta no seu haber co recoñecemento logrado en 2010 que acredita ao seu branco novo, Ruchel 2009, como mellor viño branco de Galicia.




E para finalizar, ampliando a información transmitida a pasada semana, Adega Valdesil presentará en rigorosa exclusiva a súa nova colleita 2011 na Caseta 3C 140, no pavillón Intervin.

Adega Valdesil ostenta o recoñecemento de único branco español elixido entre os 25 mellores do mundo, outorgado pola prestixiosa e recoñecida publicación Financial Times.



No hay comentarios:

Publicar un comentario