lunes, 16 de abril de 2012

Preto dun milleiro de distribuidores, especialistas e hostaleiros valencianos encomian as cualidades dos viños DO Valdeorras

Con motivo da presentación realizada polo Consello Regulador DO Valdeorras no Hotel SH Palace da cidade do Turia, o pasado 12 de Abril e na que se rexistrou un record de afluencia, os viños de 18 adegas adscritas ao selo de calidade DO Valdeorras volvéronse a facer acredores dos máis altos cualificativos outorgados por parte do sector especializado da capital levantina.

Aproveitando o tirón internacional que os viños desta DO galega teñen no estranxeiro, feito que se materializou nun incremento de importación do 93% en 2011, o Consello Regulador DO Valdeorras mostrou o seu firme compromiso co público nacional, en compañía dun elevado número de adegas da comarca e sendo Valencia a cidade elixida para mostrar a excelencia dos seus caldos.

Tomando a testemuña de Barcelona e Madrid en España e de grandes urbes como Dallas, Zúric ou New York alén das nosas fronteiras, unha vez máis, tanto promotores e participantes, como visitantes e invitados coincidiron en denominar o acto de presentación como un auténtico éxito.



Este feito reflíctese nas manifestacións compartidas por parte do organismo regulador, en boca do seu responsable técnico, Jorge Mazaira, que nos ofrecen as seguintes declaracións: - Quedamos entusiasmados coa expectación a modo de afluencia que espertou o acto, ademais da amplísima cobertura mediática que se outorgou ao mesmo. Á súa vez, a participación de importantes grupos técnicos da Comunidade Valenciana han acompañado o acto con cualificativos como "moi notable" e "excelente", reforzadondo a imaxe da DO no levante penínsular -.

Pola súa banda, e reafirmando as declaracións de Jorge Mazaira, desde o colectivo da Asociación de Catadoras da Comunidade Valenciana (FASCV) trasládannos as seguintes valoracións: - A calidade dos viños é sorprendente e excelente. Os godellos maridan á perfección coa nosa gastronomía e os mencías, garnachas e sousones resultan moi interesantes e un complemento perfecto para aqueles pratos máis intensos- . Declaracións que se traduciron na invitación formal por parte dos Catadores Valencianos á DO Valdeorras de participar nunha das feiras vinícolas máis importantes da Comunidade Valenciana: "A Gran Feira do Viño de Gandía 2012"

A valoración do acto por parte do sector dos adegueiros participantes chéganos da man de Marta Sertaje, directora comercial de Adega A Coroa. A Coroa é unha das adegas con máis galardóns internacionais pola súa colleita 2010, que presentou en rigorosa exclusiva en Valencia a súa nova colleita 2011. Estas son as declaracións de Marta: - A presentación tivo moito éxito. Eu non esperaba tanta afluencia de xente, pero unha vez que deu comezo, e non moi tarde, xa que só houbo que esperar unha hora para que a sala estivese. O público tivo a oportunidade de probar os caldos que facemos en Valdeorras e marabillouse pola calidade dos mesmos. Eu, no meu caso, levei a nova anada 2011, embotellada desde hai só 15 días e a pesar da súa mocidade, apunta maneiras e á xente encantoulle tanto A Coroa 2011 como A Coroa Lias 2010. O público foi moi profesional no sentido de que case todos viñan catar e degustar os viños, sendo a maioría, propietarios de restaurantes e persoal que traballa neles - .



Unha vez finalizado o acto, o Consello Regulador DO Valdeorras e un gran número de adegas xa se puxeron en marcha para trasladar as súas excelencias ao próximo acto promocional que se celebrará en Londres do 22 ao 25 de maio.






No hay comentarios:

Publicar un comentario