A nai do viño envíavos unha receita de Nadal: poñamos unhas cantas medidas de ilusión, un anaco de amizade e un chorriño de tenrura. Forneemos a mistura con ánimo paciente. Presentémola envolta en sonrisas e acompañémola con esas melodías saídas do corazón.
A Adega O Casal S.A.T. naceu no ano 2000, formada por cinco socios guiados polo maior respecto coa tradición da que se sinten testemuñas e movidos por un grande amor á terra. O obxectivo desta adega é facer un viño especial para paladares moi esixentes comenzando coas viñas herdadas dos antergos e crecendo a modo, con traballo feito con agarimo de artesáns, combinando o saber tradicional cos impresindibeis avances tecnolóxicos.
A Adega da Pinguela é unha adega pequena con vocación de selo. Conta cunha producción limitada pero é algo máis que unha fábrica de viño, é a expresión do terruño feita realidade no viño Ventura, nome que lle puxeron ó viño en homenaxe ó seu avó que emigrou a Cuba. Esta adega atópase nun entorno privilexiado e é a única situada nesa paisaxe con encanto con vistas ó val da Rúa. Destaca a parte exacavada na montaña, a cova onde se ubicaron as cubas de madeira para o viño de crianza. Como futuro próximo pretenden buscar a orixinalidade e a diferenciación dos seus viños sintetizados na expresión da orografía, así como acadar a expresividade dos viñedos.
Sabías que o propietario da adega Chan de Ouro é unha das máximas expresións da tradición vitivinícola de Valdeorras, xa que lle gusta facer todo o proceso que supón a elaboración do viño?
Desta primeira colleita valdeorresa elaboráronse 1.000 botellas Autor: La Voz Data de publicación: 11/12/2009
A adega ruesa Alan de Val lanzou A Costiña, o único viño elaborado exclusivamente con uva tinta brancellao que existe no mercado. Amparado pola denominación de orixe Valdeorras, trátase dun viño elaborado con brancellao, que tras un paso por barrica de roble francés durante catro meses, descansou en adega un ano antes de saír á venda. A producción final de A Costiña 2007 é de 1.000 botellas, que se puxeron á venda por un prezo superior aos 30 euros. Preséntase nunha botella borgoña de 75 centilitros, dentro dun estuche individual. Según as notas de cata, é un viño «con moito corpo, ben cuberto, de cor vermella intensa e ribete violáceo. De aromas dulces, a mermelada de froitos vermellos e regaliz, con recordos florais de violeta e flor de almendro. En boca é un viño amplo, de correcta acidez, e tanino ben integrado, con un final longo e retrogusto mineral». É un viño «con personalidade que evolucionará ben en botella os próximos cinco anos» e que se presenta perfecto para acompañar «todo tipo de carnes, en especial guisos e caza», segundo apuntan os expertos. A recuperación deste viño únese a otras nas que se traballa dentro da Denominación de Orixe Valdeorras, como a elaboración do tostado.
Este novo portal web conta cun formato dinámico e interactivo no que se incluirá unha programación para todo o ano 2010.
Dovaldeorras.tv está dispoñible en tres idiomas (galego, castelán e inglés) e ademáis posee unha estructura áxil.
Nel podemos atopar un completo menú sobre a Denominación de Orixe e a comarca de Valdeorras con datos referentes ao Consello Regulador, o clima, os tipos de uvas, os viños, os chans, as adegas e o ciclo do viño; así como información sobre a propia comarca de Valdeorras, a súa artesanía, as festas e a gastronomía con receitas para maridar Mencía e Godello.
Todo elo complementado cunha estructura audiovisual na que a imaxe videográfica ten un importante papel.
Na Valdeorras rural, do mesmo xeito ca no resto de Galicia, e moitos outros lugares do mundo, o calendario occidental, rexíase polos ciclos da natureza. Deste modo, o viño, coma outros cultivos, tiña o seu propio ciclo segundo as estacións do ano. Velaquí neste vídeo, o ciclo do viño correspondente ó tempo da vendima, no outono.
As celebracións asociadas á vendima remóntanse ós tempos en que o viño era a ponte entre deuses e homes. Por iso, en Valdeorras a cultura de tradición oral está aínda moi viva e é por elo que os vendimadores de máis idade, mentres vendiman, alivian a fatiga con cantos populares de tradición oral.
A pesar dos tempos que vivimos de despoboación rural no mundo, é un pracer e unha fortuna ver que nesta comarca as novas xeracións de mozos e mozas seguen as tradicións dos seus avós acudindo a vendimar canda eles.
Disculpen as molestias de novo. O portal web segue transferindo datos ó servidor a causa do volumen audiovisual do contido. Agradecemos a súa comprensión e esperamos sigan con nós nos próximos días.
Hoxe coñecemos a respuesta á pregunta de onte en A-DI-VIÑAS. O invento que supuxo o nacemento de A Rúa foi a chegada del ferrocarrila Valdeorras, inaugurado por Alfonso XII en 1883.
Hoxe coñecemos a resposta a pregunta de onte en A-DI-VIÑOS. O material que se utiliza a parte do corcho e a silicona sendo un tema de gran controversia dentro do mundo do viño.
Sabías que as botellas tamén se usaron na tradición para inaugurar embarcacións?
O rito consiste en atar unha botella de champán a unha corda, unha persoa colle o recipiente e lánzao contra o casco do barco (proa). Algunhas veces require varios lanzamentos hasta que estalla.
O 27 de xullo de 1945 foi recoñecida a D.O. Valdeorras por Orde Ministerial e declarouse protexido como denominación de orixe o nome xeográfico de Valdeorras e constituiuse o Consello Regulador.
Non podemos olvidarnos que a maduración do viño continúa na botella. Na botella ben tapada, con un corcho san, prodúcese unha reducción que desenrola o bouquet do viño, armonizándoo e redondeándoo. Dende o século XVIII, o sentido da funcionalidade, o costume e a manexabilidade han xogado tamén en detrimento de formas máis barrocas e fóronse definindo unhas líneas prácticas e lóxicas para as botellas que se comercializan.
O Castelo está situado na localidade do Bolo, e a súa torre é visible dende longa distancia. Calcúlase que a súa construcción iniciouse no śeculo XII, pero sufriu importantes danos nas revoltas dos Irmandiños e reconstruíuse no século XV. Rehabilitada fai poucos anos, hoxe en día poden admirarse a Torre da Homenaxe, de 20 metros de altura, restos da muralla interior e exterior, o patio de armas e o alxibe.
Hoxe coñecemos a resposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑOS. O país que aínda segue utilizando o deseño de botella para bebida carbonatada en bebidas soft ramune é Xapón.
O primeiro enxerto de vides americanas foi feito en 1904, en Vilamartín, por Justino Fernándiz, que creou os primeiros viveiros que tanta fama e desenvolvemento acadaron e que aportaron a maior parte de enxertos que serviron para reconstruír os viñedos de Ourense.
A finais do século XX o uso das botellas de vidrio foi reemplazado polos envases de plástico sen retorno. Sen embargo, para o viño séguense utilizando botellas de vidrio, na maioría dos casos.
Nun ámbito natural extremadamente coidado atópase o Mosteiro de Xagoaza cuia construcción data do século XVIII. O edificio, que impresiona pola súa beleza e simplicidade, está realizado en pedra e articúlase, en forma de U, ao redor dun claustro interior rectangular. Na planta baixa da construcción sitúaser unha moderna adega vitivinícola, os viñedos da cal se atopan situados tamén no ámbito monumental.
Hoxe coñecemos a reposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑOS. Antigamente os elementos que se utilizaban para taponar botellas eran os trapos, madeira, cáñamo acietado,...
No ano 1882 coa invasión da filoxera, prodúcese a ruína dos viñedos de Valdeorras. A filoxera foi unha peste procedente de Portugal que en poucos anos destruíu máis de 1.000 Ha de viñedos.
No 1872 un fabricante de bebida gaseosa patenta unha botella para bebida carbonatada. A botella incluía un marbete e un tapón de vidrio no pescozo. As botellas enchíanse ó revés, e a presión do gas carbónico na botella forzaba o tapón contra o pico, sellándoa.
A variedade Mencía xenera viños de forte cor framboesa, aromas intensos a froitas, pero tamén delicados a flores, teñen boas doses alcohólicas, acidez e, como o godello, excelentes posibilidades de crianza. Trátase dunha uva moi sensible, cun cultivo óptimo en zonas de montaña, o que fai entender a súa presenza en bancais e terrazas, nas viñas máis antigas, e tamén en espaldeira para as de nova plantación.
Aínda que a variedade Godello existe dende a época dos romanos, será en 1877 candoa cade pleno recoñecemento na Exposición Vitivinícola Nacional, onde se di que se produce en Ourense onde se chama Godello Branco.
O uso industrial do corcho foi a raíz do descubrimento do viño de champagne (ou viño espumoso) na segunda metade do século XVII por un monxe benedictino, o que implicou a necesidade de procurarse outros elementos fundamentais, é dicir, as botellas de vidrio para contelos e o seu taponamento hermético para evitar a evaporación do líquido, que van a propiciar a conversión nunha industria en desenrolo, extendéndose aos demáis países de Europa.
A variedade Godello, específica de Valdeorras, é unha uva precoz e de maduración moi determinada, caracterizada por acios pequenos, de bagos medianos con forma elíptica, cor verde amarelenta e con pepitas. Hoxe en día elabóranse viños de moi boa calidade e moi aromáticos, con grande capacidade de envellecemento en barrica e boa evolución en botella. Está adaptada aos chans secos, e a maior calidade prodúcese en zonas de ladeira de fertilidade media.
Sabías que en Vilamartín de Valdeorras ten lugar tódolos anos o primeiro sábado de agosto a Ruta das Covas de Vilamartín, na que se pode acudir ás covas e probar os seus viños?
Valdeorras é unha comarca onde abundan as covas, especie de adegas subterráneas onde se garda o viño. José Miramontes apuntaba a finais do XVIII como xurdiron esas covas debido (dicía) “a la poca disposición que se ha notado en este vino de la Negreda para conservarle después que asoman los calores del estío, se han visto precisados sus cosecheros a construir bodegas subterráneas o cuevas a donde preservarle de la perdición.”
Foi en Inglaterra, onde se elaborou a primeira botella específica de viño de paredes grosas. Seguramente elaborada nos talleres do outrora bucaneiro Sir Kenelm Digby, que figura na historia como pai putativo, e cun selo que data de 1657.
Portomourisco é unha parroquia pertencente ó concello de Petín (Valdeorras), ten a pecularidade de ser un emprazamento moi rochoso, situado á beira do Xares. Por iso se pensa que a súa primeria parte provén de portu, por referencia a un porto ou paso fluvial; o vocábulo mourisco pode vir de mor, “pedra”, en atención ó carácter pedroso do lugar, visible perfectamente no corte feito pola canle do río. Ante isto debemos dicir que na comarca de Valdeorras o 55% dos topónimos son latinos, existen tres árabes e o resto son prerromanos.
Sabías que os xaponeses levan cerca de 25 anos investigando sobre a corteza do teixo para o tratamento do cancro, e que fai uns 5 anos pedíronle á Xunta poder alugar o Teixedal de Casaio?
Tralo abandono da comarca por parte dos romanos e a chegada de suevos e visigodos, en tempos de Leovigildo e Recaredo, e tras a unificación político-relixiosa da Península, a comarca debeu de vivir un periodo de paz e esplendor. En terras de “Gueurres” chegouse a acuñar moeda por tres veces -VITERICO (603-610), SISEBUTO (612-621) y SUINTILA (621-631)- nas ceccas que estaban situadas en: GUEURRES -Valencia del Sil-, PINCIA -Pinza- y LAURUCLO -Larouco-. Estas moedas levaban inscritas imáxes relacionadas coa uva, pola importancia que tiñan as viñas en Valdeorras.
A finais do seculo XVIII é cando xurde a botella cilíndrica tal e como a coñecemos hoxe en día. Este tipo de botella aportaba, ademáis de maior resistencia, a posibilidad de que puidese ser colocada en posición horizontal, o que facilitaba o seu almacenamento e tamén a súa conservación ó manter o corcho sempre húmido.
O Teixedal de Carballeda de Valdeorras é unha xoia natural, xa que é o único bosque endémico de Teixos de Europa. Está formado por máis de 400 exemplares de teixo, moitos deles centenarios e algúns con máis de mil anos de antigüidade.
Fotos de José Félix Romero Ibarra María Olano Espinosa Eduardo Olano Gurriarán
En referencia á cuestión plantexada onte nas ección A-DI-VIÑOS hoxe coñecemos a reposta. O viño branco envellece antes nas botellas claras porque o vidrio verde detén mellor as radiacións ultravioleta e violeta, deixa pasar poucas radiacións azuis e moitas amarelas, retendo moitas outras, polo que o viño queda máis protexido.
Sabías que o Camiño de Santiago tamén discorre pola comarca de Valdeorras? É o denominado Camiño de Inverno, que parte de Camiño Francés en Ponferrada e, para evitar a dura ascensión por Pedrafita (sobre todo no inverno coa neve) así como gozar dun trazado tranquilo, enlaza co Camiño da Prata en Lalín.
Sabías que os recipientes viñateiros de barro, cerámica, peltre, louza ou albastro alteraban pola súa propia decoración e impermeabilización, a propia composición do viño?
A partir do medievo, o cultivo da vide foise impoñendo de forma dominante na paisaxe valdeorresa ata o punto de que a mediados do século XVIII, segundo datos do Catastro de Ensenada, constátasea existencia de viñas en case todos os pobos da comarca. Ademáis segundo o inventario e apeo de 1789 contabilízanse máis de 200 leiras dedicadas ó cultivo da vide.
No 1640, o membro da Corte Británica Sir Kenelm Digby, inaugurou a primeira fábrica de botellas que utilizaba nos seus fornos carbón de hulla, e anque non foi o primeriro en utilizar esta técnica si foi o primeiro en patentala e polo tanto é a quen tradicionalemente se lle atribúe esta invención.
O Santuario das Ermidas é o santuario mariano máis importante de toda a bisbarra. Antigo seminario, é un conxunto monumental e arquitectónico de grande relevancia. Foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no 2006.
Localizado nunha zona privilexiada mantén as característcias intrínsecas dunha terra que dende a chegada dos romanos se dedica o cultivo das vides. É por iso que as súas columnas posúen racimos de uvas.
En referencia á cuestión plantexada onte, hoxe damos a resposta. Os viños vellos eran máis baratos que os xóvenes porque estropeábanse antes, ó non alamcenar o viño nos recipeintes adecuados.
En plena Idade Media, a tradición de plantar viñas foi continuada polos monxes benedictinos. Entre os séculos XI e XII cítanse 40 documentos nos que se consigna a existencia de viñas, o cal nos daá unha mostra clara da importancia que este cultivo estaba adquirindo en Valdeorras. Tamén se fai referencia a cubas, parras e lagares como accesorios necesarios para a elaboración do viño.