miércoles, 22 de junio de 2011

Rusia aposta polo viño español como referente de calidade

Fonte artigo: vinogallego e ICEX
O cambio de tendencias de consumo en Rusia e a promoción dos viños de calidade españois, producen que as importacións rusas de viño español subisen un 7,6% en vendas e un 37,8% en volume no primeiro trimestre de 2011

Segundo un estudo publicado recentemente polo Observatorio Español do Mercado do Viño (OeMv), as importacións totais de viño en Rusia incrementáronse no primeiro trimestre de 2011 un 7,6% en volume, até alcanzar os 83,8 millóns de litros e un 37,8% en valor, o que supuxo unha cifra de 114,3 millóns de euros de facturación.

Un dos datos máis significativos que se desprenden do informe do OeMv é o cambio de tendencia que se aprecia na demanda de viño importado envasado, a cal superou por primeira vez en importancia ao viño a granel nas importacións rusas.

Segundo o estudo, o viño envasado foi o produto que máis peso tivo no mercado ruso de importación, superando por primeira vez ao viño a granel e alcanzando o 53% da cota en volume e o 69% en valor.

Pola súa banda, o viño a granel, que fora o produto máis importado en volume durante 2010 sufriu un retroceso do 1,7% durante o primeiro trimestre de 2011.

Este dato apunta a un cambio de tendencia no mercado do viño de importación en Rusia cara a unha demanda de produtos de maior calidade, algo que pode beneficiar o crecemento das exportacións de viño español a este país, sobre todo en canto ao seu valor.

España situouse como o principal provedor de viño a Rusia en volume, alcanzando no tres primeiros meses de 2011 os 19,7 millóns de litros. En valor, o viño español sitúase na terceira posición, superado polos viños franceses e italianos, nesa orde.

A posición dos viños españois en Rusia está determinada polo predominio histórico que tiveron os viños a granel nas exportacións totais a este país.
Visita da comitiva rusa a adegas Godeval
Os viños con denominación de orixe representaron tan só un 5% do valor das exportacións españolas de viño a Rusia no ano 2010, en tanto que os viños a granel supuxeron un 60% do valor exportado nese  mesmo ano. Así, os viños españois están rematando coa imaxe no mercado ruso de viños baratos pola de viños de calidade.

E neste marco móvense os viños galegos. O patente cambio de tendencia materializouse en importantes visitas profesionais, que acudiron ás diversas denominacións galegas para coñecer "in situ" a calidade que os seus caldos transmiten, tanto nivel nacional como internacional.

Desta forma, e como nos faciamos eco fai apenas unhas xornadas, un nutrido grupo de profesionais rusos, conformado por destacados importadores, aos que se sumarón, diversos someliers de restaurantes das cidades de Samara, Novosibirsk, Perm, Ekatrerinburg e San Petersburgo; visitaron as adegas Godeval para degustar os afamados caldos "Godeval" e "Godeval Cepas Vellas", cualificados con 98 e 99 puntos respectivamente nos galardóns "Excelencia 2011", e dos que levaron unha máis que grata impresión.

martes, 21 de junio de 2011

A Asociación Galega de Sumilleres presenta os mellores viños en: "A emoción dos viños"

Fonte: vinogallego
O vindeiro sábado Tui acollerá un acto dirixido pola Asociación Galega de Sumilleres, baixo o título "A emoción dos viños", e por medio do cal pretende enxalzar as calidades do viño galego encumbrándoo como un dos mellores viños do mundo.

Aproveitando unha contorna tan especial como o Claustro da Catedral de Tui, o vindeiro sábado, a Asociación Galega de Sumilleres (Agasu) dará a coñecer 'A emoción dos viños' un certame que mostra "os viños que emocionan, viños que van máis aló, elaboracións especiais dun grupo de viticultores, enólogos, adegueiros, que representan coas súas creacións vitivinícolas os mil matices da viticultura galega", explica o colectivo.

Estas elaboracións, segun afirma a asociación Agasu, "devolven a Galicia ao lugar onde lle corresponde neste universo do viño, que non é outro que o dos viños de máis calidade de Europa e polo tanto do mundo".
 
"Aqueles viños que deran fama a Galicia, sendo degustados nas mesas máis nobres polos padais máis esixentes do continente e cantados ademais polo rei máis sabio que houbo".

Serán vintecinco adegas de Galicia, acompañadas dunha representación do norte de Portugal e do Bierzo, por ser comarcas que comparten con Galicia unha parte da súa identidade, as que mostrarán "a emoción" dos bos viños.

O acto prolongarase entre as 16.00 e as 21.00 horas. Os socios de Agasu terán entrada libre.
 

lunes, 20 de junio de 2011

19 viños da D.O. Valdeorras fanse co premio "Excelencia 2011"

Información cortesía de: Mercedes González e Luís Paadín
19 viños pertencentes á D.O. Valdeorras álzanse co galardón "Excelencia 2011", entregado pola Asociación Galega de catadores; mentres 20 caldos desta D.O. competirán polo galardón das "Distincións Gallaecia"

No seu afán de coñecer e divulgar os viños e augardentes galegos, a Asociación Galega de Catadores (AGC) puxo en marcha unha serie de catas para valorar os viños do cinco Denominacións de Orixe galegas así como as Denominacións Xeográficas de augardentes e licores tradicionais de Galicia.

Estas catas, sempre 'cegas' (botella tapada), son realizadas polos membros da asociación e a súa análise sensorial servirá para conceder os diplomas "Excelencia".

A Asociación Galega de Catadores (AGC) está formada por profesionais do viño que, unidos polo compromiso de aprender, compartir e difundir coñecementos sobre o viño e os destilados, buscan que a cata non sexa só hedonista e subxectiva, preténdese dentro das posibilidades, difundila algo mais técnica e obxectiva.

A cata de viños do D.O. Valdeorras tivo lugar o pasado 14 de xuño na sede do C. R. D.O. Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e catáronse un total de 66 viños.

Os Viños que se relacionan foron os que obtiveron as maiores puntuacións por tipo:


“PREMIOS EXCELENCIA VALDEORRAS 2011”

Viños Brancos

PUNTOS / MARCA / ADEGA

99 / Godeval Cepas Vellas / 2010 Godeval
98 / Godeval 2010 / Godeval
95 / Erebo 2010 / Carballal
94 / A Coroa 2010 / A Coroa
94 / Casal de Furcos 2010 / Avelina
94 / Cepado 2010 / O Cepado
94 / Viña Somoza 2009 / Viña Somoza
93 / Joaquín Rebolledo 2010 / JoaquínRebolledo
92 / D´Berna 2010 / Guitian y Blanco
92 / Santa Delfina  2010 / Roandi
92 / Valdesil Lías 2010 / Valdesil
90 / Viña Abad 2010 / Jesús Nazareno


Viños Tintos

PUNTOS / MARCA / ADEGA 

95 /Garnacha Vella Do Ramiriño / 2009 Sampayolo
95 / Quinta Da Peza Oro 2009 / Quinta da Peza
94 / Valdouro 2009 / Jesús Nazareno
94 / Viñaredo Sousón / Santa Marta
92 / Valderroa Carballo  2009 / Valdesil
90 / Erebo 2010 / Carballal
90 / Joaquín Rebolledo 2010 / Joaquín Rebolledo
 A Asociación Galega de catadores compartiu un ano máis escena coa Asociación Galega de Sumilleres, "Gallaecia", encargada de outorgar as "Distincións Gallaecia".

Hai xa 11 anos que a Asociación de Sumilleres de Galicia, Gallaecia  viu homologado o seu concurso de viños e é un dos galardóns máis consolidado no panorama nacional como Concurso Oficialmente Recoñecido polo Ministerio de Medio Ambiente ,Rural e Mariño do Goberno de España.

É á súa vez un dos concursos onde máis viños cátanse  e coa particularidade da dobre cata, en ambos os casos cata cega a botella tapada. Nunha primeira fase as catas realízanse nos CCRR das D.O. nas datas máis idóneas para as D.O. tanto pola evolución dos seus viños como  polo número de caldos xa en mercado. A ficha de cata utilizada é a da O.I.V (Organización Internacional do Viño) que doutra banda é moi similar,por non dicir idéntica ,á propia de Gallaecia.

 Destas primeiras precatas nos CCRR selecciónanse os viños que irán á cata final na segunda quincena de agosto e que nesta edición será na provincia de Lugo, máis concretamente en Ribeira Sacra. Nesta cata final as mostras que se seleccionaron previamente nas precatas dos CCRR farase con mostras  de mercado(tendas especializadas , distribución,onde se asegure o bo coidade dos viños) para asegurar que os viños premiados correspóndense co que se atoparán  os consumidores.

Da D.O. Valdeorras seleccionáronse os seguintes caldos:
 
TIPO/ MARCA /ADEGA

BLANCO/10 A COROA / A COROA, S.A.T.
BLANCO/10 BIOCA / Mª TERESA NUÑEZ VEGA
BLANCO/10 D, BERNA / GUITIAN Y BLANCO, S.C.
BLANCO/10 EREBO / CARBALLAL, S.L.
BLANCO/10 GODEVAL / GODEVAL, S.A.T.
BLANCO/10 GODEVAL CEPAS VELLAS / GODEVAL, S.A.T.
BLANCO/10 LAGAR DO CIGUR / MELILLAS, S.L.
BLANCO/10 SANTA DELFINA /  ROANDI, S.A.T.
BLANCO/10 VALDESIL LIAS / VALDESIL, S.L.
BLANCO/10 VIÑA SOMOZA LIAS/ VIÑA SOMOZA, BODEGAS Y VIÑEDOS, S.L.


TINTO/09 BACALES/09 ROANDI, S.A.T.
TINTO/10 EREBO / CARBALLAL, S.L.
TINTO/09 GRANACHA VELLA DO RAMIRIÑO/ SAMPAYOLO, S.L.
TINTO/09 J. REBOLLEDO / JOAQUIN REBOLLEDO, S.A.
TINTO/10 QUINTA DA PEZA / QUINTA DA PEZA, S.L.
TINTO/09 QUINTA DA PEZA ORO/ QUINTA DA PEZA, S.L.
TINTO/10 SAMPAYOLO / SAMPAYOLO, S.L.
TINTO/08 VALDERROA CARBALLA/ VALDESIL, S.L.
TINTO/09 VALDOURO/ COOP. JESUS NAZARENO
TINTO/ VIÑAREDO SOUSON /SANTA MARTA, S.A.T.



jueves, 16 de junio de 2011

Nova cita dos viños da D.O. Valdeorras en Salimat 2011


Os viños da D.O. Valdeorras preparan unha nova cita con distribuidores, importadores e público en xeral na XV edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat, que se celebrará dende hoxe até o próximo día 19 de Xuño en Silleda.

O Salón de Alimentación do Atlántico chega á súa 15ª edición co obxectivo de ofrecer aos sectores da alimentación e a gastronomía un efectivo espazo  de promoción e negocio. O seu parque expositivo foi deseñado para que novidades e propostas tradicionais de calidade conformen un completo e atractivo escaparate que chamará a atención da demanda. A área de negocio do salón terá un papel protagonista, converténdoo nunha inmellorable plataforma de comercialización a través dos seus encontros internacionais e nacionais de compradores.

Internacionalización, intenso intercambio comercial e promoción da calidade e innovación serán os eixos dun salón dirixido ao sector profesional os seus dous primeiros días e ao consumidor final o fin de semana.

O mellor da nova colleita 2010, que recibiu grandes acollidas en EE.UU, Francia, Rusia e Suecia, ademais de prestixiosos halagos por parte de importantes figuras do mundo do viño a nivel internacional como é o caso de Gerry Dawnes, entre outros;  mostrará as súas excelencias  ao público de forma gratuíta os seguintes días:

Sábado 18 de xuño
12.00 h.:en maridaxe cos produtos
da D.O.
Mexillón de Galicia

Domingo, 19 de xuño
13.30 h.: xunto á presentación dá 
Lamprea do Miño 

Desta forma, os viños da D.O. Valdeorras seguen firmes na súa convicción de mostrar a inigualable calidade dos seus caldos non só ao sector profesional, senón ao que para os viticultores, adegueiros e Consello Regulador é o seu gran adaíl e o que mellor aprecia as súas excelencias sen ningún tipo de interese máis que o goce da calidade incomparable que ofrecen ano tras ano os seus caldos, e que non é outro que o público en xeral.



lunes, 13 de junio de 2011

A Asociación Galega de Sumilleres "Gallaecia", valorará mañá a excelencia dos viños D.O. Valdeorras.


Catorce integrantes da Asociación Galega de Sumilleres "Gallaecia" viaxarán mañá a Valdeorras para avaliar a calidade dos viños desta denominación de orixe.

Con motivo da fase previa dos premios "Distinguidos Gallaecia", que celebrarán a súa fase final o próximo mes de Agosto en Monforte de Lemos, catorce integrantes da Asociación Galega de Sumilleres visitarán mañá día 14 a comarca de Valdeorras, para seleccionar aqueles viños amparados baixo o selo desta denominación de orixe que terán a oportunidade de competir  na fase final do concurso. A selección de cata realizarase en base ao criterio de presenza en mercado dos viños.

Os caldos que superen a valoración de 79-80, serán os que compitan na fase final de Agosto en Monforte por facerse un oco entre os "Distinguidos Gallaecia 2011"




viernes, 10 de junio de 2011

O norteamericano Gerry Dawes, reputado especialista gastronómico e do mundo do viño, realiza a súa visita anual a adegas A Coroa

O norteamericano Gerry Dawes, reputado especialista gastronómico e do mundo do viño entre, outros labores, e un dos mellores especilistas que coñece a cultura española. Realiza a súa visita anual a adegas A Coroa realizando grandes valoracións dos seus caldos.  

A grandes liñas, o neyorquino Gerry Dawes é escritor, fotógrafo e conferenciante especialista na gastronomía, os viños e a cultura de España. Viviu en Andalucía durante oito anos, leva case 40 viaxando polo país e ten unha media de sete viaxes gastronómicos anuais a España. Foi galardoado co Premio Nacional de Gastronomía "Marqués de Busianos" 2003 pola Academia Española de Gastronomía e A Confraría da Boa Mesa e é o único estranxeiro honrado co Premio Cea dos Once Viños. 

É Contributing Editor de Food Arts, Wine News, Santé e varias revistas do ICEX e publicou centenares de artigos sobre os viños, a gastronomía e viaxes de España. Presentou relatorios e presentacións en Culinary Institute of America - Napa Valley, Christie's New York, Encontro Verema (Valencia), Philadelphia Museum of Art (seis ceas durante a exposición de Dalí), International Association of Culinary Professionals (Congreso Anual), IberWine, Madrid Fusión, Fenavin, Viño a Toda Vela e presentador dos Spain's Ten (10 mellores chefs españois en New York). Foi Chairman da Cea-Poxa James Beard Fundation en 2004 que foi dedicado a España, honrou a Ferran Adrià e Juan Mari Arzak e bateu todos os records da fundación.


Gerry, declárase un namorado dos godellos de Valdeorras e o pasado mércores realizou a súa anual visita de rigor ás adegas A Coroa, onde nesta ocasión foi recibido en compañía de Emmanuel Dupuy, xerente de varias viñotecas en numerosos estados de Norteamérica.

"Gerry vén todos os anos a catar o noso viño porque é un namorado del e dos godellos en xeral" transmítenos Marta Sertaje de adegas A Coroa. "Di que temos un gran potencial en Valdeorras, e que nós co noso esmero e esforzo conseguimos manter a calidade do noso viño ano tras ano". En primeiro lugar catou A Coroa 2010 e A Coroa 2010 lías. "El prefire sempre o viño sen lías e sen madeira porque di que a variedade godello ten un gran potencial para elaborar viño en por si, sen necesidade de polo en madeira nin con lías. A pesar de todo, dixo que o noso viño sobre lías está moi ben feito e que logramos ensamblarlo moi ben" puntualiza Marta.

"Démoslle a catar tamén unha botella de 2007 e quedou moi gratamente sorprendido; aínda que xa sabe que a godello é unha variedade que evoluciona moi ben en botella. Tamén comentou que é unha pena que estes viños se consuman no ano no canto de deixalos en botella 1 ou 2 anos para empezar a consumilos" explícanos.

Desta forma faise patente o interese que suscita a calidade dos caldos valdeorreses tanto fóra como dentro das nosas fronteiras, baseándose sempre nun exquisito traballo realizado por parte dos viticultores, adegueiros e Consello Regulador amparados baixo esta denominación orixe.