miércoles, 25 de mayo de 2011

A calidade dos viños D.O.Valdeorras sitúaos con forza no estranxeiro

  A calidade dos viños D.O. Valdeorras sitúase con forza en mercados con potencial e cultura de viño.

Actos como o Great Match de Dallas e FENAVIN, son todo un exemplo da gran acollida que están a recibir os viños da D.O. Valdeorras no estranxeiro. A este respecto, aínda que dende o Consello Regulador din que aínda queda moito por facer  a pesar de que se está traballando moi ben; moitas adegas xa empezan a recoller os froitos do traballo de divulgación da calidade dos viños de Valdeorras no estranxeiro.


O traballo de promoción que realizan as propias adegas, reforzado pola política promocional do Consello Regulador, unido ao exquisito traballo dos produtores que se traduce nunha altísima calidade dos viños;  fai que a día de hoxe, os caldos da D.O. Valdeorras sexan altamente demandados en mercados con alto potencial e cultura do viño.


E non hai máis nada que ver as últimas confesións de importantes catadores e críticos gastronómicos alén das  nosas fronteiras, para eliminar calquera tipo de vaidade nestas palabras. Así, para o estadounidense Gerry Dawes, un dos máis importantes críticos gastronómicos e do viño que mellor coñece o noso país,  non pasa desapercibido o gran crecemento que en todas as súas facetas acadaron os viños da D.O. Valdeorras.


Mentres, os adegueiros comezan a palpar os resultados destas políticas que aúnan promoción e calidade, incrementando a demanda de importacións a cada día máis rexións fóra das nosas fronteiras. Dende ValdeSil, fanse eco da mensaxe de recollida de testemuña deixada pola exaltación do Albariño en prol do Godello. E xa falan da demanda dos seus caldos en mercados como o sueco, noruegués, suízo, danés, belga, canadense, xaponés, australiano ou brasileiro. Afirmando que os catadores máis relevantes asinten a súa aposta en criterios de autenticidade e calidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario