lunes, 23 de mayo de 2011

Os viños de Adegas Ruchel firmán un importante convenio de importación e distribución en Brasil

Adegas Ruchel, a través da mediación da Xunta de Galicia, asina un convenio coa empresa de promoción e distribución Gmg Importaçao e Exportaçao para ofrecer os seus viños en Brasil .

A empresa brasileira Gmg Importaçao e Exportaçao, rubricou un acordo comercial para a promoción, distribución e ofrecemento en Brasil dos viños elaborados por adegas Ruchel e enmarcados dentro do selo de calidade do C.R.D.O. Valdeorras. O acto, no que intermediou a Xunta de Galicia por medio dos Conselleiros do Medio Rural, Samuel Juárez, e do Mar, Rosa Quintana, xunto co xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila Enriquez ao que se sumo o secretario nacional de Defensa Agropecuaria do Ministerio de Agricultura de Brasil, Francisco Sergio Herrera; pechou a firma dun convenio de importación e promoción en Brasil dos produtos de catro importantes empresas do sector alimentario en Galicia.

Desta forma, Adegas Ruchel, con ampla experiencia no sector da elaboración, distribución e exportación de viños, sitúase de maneira firme nun mercado con amplías expectativas de crecemento no que ao sector do viño se refíre. E así, ve recompensado o seu exquisito mimo en salvagárla esencia pura do godello, dentro da que se rexeita o uso de fermentos que podan producir sabores e aromas impropios desta variedade; o que xa lle  o encumbrou como mellor branco de Galicia en 2010, condecorándoo co selo de "Galicia Calidade".
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario