jueves, 26 de mayo de 2011

As adegas da D.O. Valdeorras presentarán os seus viños o próximo 6 de xuño en Madrid

As adegas da D.O. Valdeorras realizarán unha presentación da súa nova colleita no Hotel Palace de Madrid, o próximo 6 de xuño.

Confírmase a data para a presentación que as adegas D.O. Valdeorras realizarán da súa nova colleita en Madrid. A data e o lugar seleccionados son, o próximo 6 de xuño no Hotel Palace de Madrid, salón Cánovas; en horario de 12:00 a 14:30 horas e 17:00 a 21:00 horas.

Na política da D.O. Valdeorras de achegar as excelencias dos seus caldos a todas as zonas con marcada cultura do viño, non podía faltar a capital española como importante punto de venda e promoción destes caldos. Co cal, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, por medio do seu presidente José Luís García Pando, pretende reunir todo o máis destacado dos profesionais do sector, para que as adegas pertencentes e esta D.O. podan lucir as excelencias da nova colleita 2010.

Na súa política promocional, o C.R.D.O. Valdeorras, non quere deixar de lado ao público en xeral. E por medio da nai do viño, porá a disposición a partir do luns, unha serie de invitacións para que todas aquelas persoas non profesionais que desexen acudir ao acto e degustar esta prometedora anada valdeorresa, podan facelo de forma totalmente gratuíta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario