jueves, 16 de junio de 2011

Nova cita dos viños da D.O. Valdeorras en Salimat 2011


Os viños da D.O. Valdeorras preparan unha nova cita con distribuidores, importadores e público en xeral na XV edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat, que se celebrará dende hoxe até o próximo día 19 de Xuño en Silleda.

O Salón de Alimentación do Atlántico chega á súa 15ª edición co obxectivo de ofrecer aos sectores da alimentación e a gastronomía un efectivo espazo  de promoción e negocio. O seu parque expositivo foi deseñado para que novidades e propostas tradicionais de calidade conformen un completo e atractivo escaparate que chamará a atención da demanda. A área de negocio do salón terá un papel protagonista, converténdoo nunha inmellorable plataforma de comercialización a través dos seus encontros internacionais e nacionais de compradores.

Internacionalización, intenso intercambio comercial e promoción da calidade e innovación serán os eixos dun salón dirixido ao sector profesional os seus dous primeiros días e ao consumidor final o fin de semana.

O mellor da nova colleita 2010, que recibiu grandes acollidas en EE.UU, Francia, Rusia e Suecia, ademais de prestixiosos halagos por parte de importantes figuras do mundo do viño a nivel internacional como é o caso de Gerry Dawnes, entre outros;  mostrará as súas excelencias  ao público de forma gratuíta os seguintes días:

Sábado 18 de xuño
12.00 h.:en maridaxe cos produtos
da D.O.
Mexillón de Galicia

Domingo, 19 de xuño
13.30 h.: xunto á presentación dá 
Lamprea do Miño 

Desta forma, os viños da D.O. Valdeorras seguen firmes na súa convicción de mostrar a inigualable calidade dos seus caldos non só ao sector profesional, senón ao que para os viticultores, adegueiros e Consello Regulador é o seu gran adaíl e o que mellor aprecia as súas excelencias sen ningún tipo de interese máis que o goce da calidade incomparable que ofrecen ano tras ano os seus caldos, e que non é outro que o público en xeral.



No hay comentarios:

Publicar un comentario