viernes, 10 de junio de 2011

O norteamericano Gerry Dawes, reputado especialista gastronómico e do mundo do viño, realiza a súa visita anual a adegas A Coroa

O norteamericano Gerry Dawes, reputado especialista gastronómico e do mundo do viño entre, outros labores, e un dos mellores especilistas que coñece a cultura española. Realiza a súa visita anual a adegas A Coroa realizando grandes valoracións dos seus caldos.  

A grandes liñas, o neyorquino Gerry Dawes é escritor, fotógrafo e conferenciante especialista na gastronomía, os viños e a cultura de España. Viviu en Andalucía durante oito anos, leva case 40 viaxando polo país e ten unha media de sete viaxes gastronómicos anuais a España. Foi galardoado co Premio Nacional de Gastronomía "Marqués de Busianos" 2003 pola Academia Española de Gastronomía e A Confraría da Boa Mesa e é o único estranxeiro honrado co Premio Cea dos Once Viños. 

É Contributing Editor de Food Arts, Wine News, Santé e varias revistas do ICEX e publicou centenares de artigos sobre os viños, a gastronomía e viaxes de España. Presentou relatorios e presentacións en Culinary Institute of America - Napa Valley, Christie's New York, Encontro Verema (Valencia), Philadelphia Museum of Art (seis ceas durante a exposición de Dalí), International Association of Culinary Professionals (Congreso Anual), IberWine, Madrid Fusión, Fenavin, Viño a Toda Vela e presentador dos Spain's Ten (10 mellores chefs españois en New York). Foi Chairman da Cea-Poxa James Beard Fundation en 2004 que foi dedicado a España, honrou a Ferran Adrià e Juan Mari Arzak e bateu todos os records da fundación.


Gerry, declárase un namorado dos godellos de Valdeorras e o pasado mércores realizou a súa anual visita de rigor ás adegas A Coroa, onde nesta ocasión foi recibido en compañía de Emmanuel Dupuy, xerente de varias viñotecas en numerosos estados de Norteamérica.

"Gerry vén todos os anos a catar o noso viño porque é un namorado del e dos godellos en xeral" transmítenos Marta Sertaje de adegas A Coroa. "Di que temos un gran potencial en Valdeorras, e que nós co noso esmero e esforzo conseguimos manter a calidade do noso viño ano tras ano". En primeiro lugar catou A Coroa 2010 e A Coroa 2010 lías. "El prefire sempre o viño sen lías e sen madeira porque di que a variedade godello ten un gran potencial para elaborar viño en por si, sen necesidade de polo en madeira nin con lías. A pesar de todo, dixo que o noso viño sobre lías está moi ben feito e que logramos ensamblarlo moi ben" puntualiza Marta.

"Démoslle a catar tamén unha botella de 2007 e quedou moi gratamente sorprendido; aínda que xa sabe que a godello é unha variedade que evoluciona moi ben en botella. Tamén comentou que é unha pena que estes viños se consuman no ano no canto de deixalos en botella 1 ou 2 anos para empezar a consumilos" explícanos.

Desta forma faise patente o interese que suscita a calidade dos caldos valdeorreses tanto fóra como dentro das nosas fronteiras, baseándose sempre nun exquisito traballo realizado por parte dos viticultores, adegueiros e Consello Regulador amparados baixo esta denominación orixe.





No hay comentarios:

Publicar un comentario